Boa tarde,
Infórmovos de que foi publicada a subvención para lingua estranxeira dos exames Cambridge, pola que se dan axudas económicas para realizar os exames de B1, B2 e C1. E entre outros, vai dirixida aos alumnos de último curso de FP.
Se estades interesados, debedes cubrir o formulario que adxunto aquí, no apartado XERAL, da Aula Virtual.
Teriades que cubrilo e darllo a Alicia, a xefa de departamento de inglés mañá mércores día 29. Ela só adoita estar polas mañás, así que teriades que deixalo en conserxería ao seu nome ou darmo a min (os mércores estou na aula 300)
Máis información no enlace:
https://share.google/EsIiwcNzFC9zq7Qzm
Un saúdo,
Amelia