Como xa vos comentei na clase, este ano faremos unha saída cultural a Tui.
Mañá vos pasaremos as autorizacións.
O programa máis ou menos será este:
CENTRO IES RICARDO MELLA
SAÍDA ARTÍSTICA / CULTURAL AUTORIZADA
Grupos participantes: 4°ESO, 1° e 2º de Bacharelato-Humanidades
Departamentos organizadores: Historia e Latín
Data: 24 de febreiro de 2026
Grupos participantes: 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato – Humanidades
Hora de saída: 10:00 (aprox.*)
Hora de chegada: 19:00 (aprox.*)
Custo da actividade: 15€ (traxedia + comedia) e transporte
Descrición da actividade:
Os departamentos arriba mencionados organizan unha saída educativa para asistir ás representacións do Festival Grecolatino e realizar unha visita cultural á a catedral, a súa biblioteca e ao seu museo, ademais da cidade de Tui. Esta actividade forma parte da programación didáctica e está autorizada pola dirección do centro.
• Visita a Tui, a chegada e despois de comer (antes do teatro): Catedral, biblioteca,,museo catedralicio, convento das Clarisas, rúa Entre Fornos, capela de San Telmo, plaza da Estrela, capela da Misericordia, paseo fluvial, monasterio de Santo Domingo e o barrio Xudeu
• 12:00 Helena, de Eurípides, polo grupo Noite Bohemia: A raíña Helena, secuestrada por París, nunca chegou a Troia; a verdadeira vive en Exipto, mentres Grecia loita por unha ilusión. Eurípides cuestiona a guerra e a identidade cun xiro sorprendente.
• 17:00 Cásina, de Plauto, polo grupo Noite Bohemia: Nunha casa romana, dous homes compiten por casar cunha escrava chamada Cásina, desatando enredos cómicos, disfraces e confusións. Plauto retrata con humor os desexos e trampas da vida doméstica.