Boa tarde
tal e como vos comentei hoxe na clase, a proba escrita para avaliar a UD1 será o vindeiro luns día 6 de outubro, en horario de clase de PSAP. A aula está por determinar. Avisareivos en canto a saiba.
Aprobeito para lembrarvos unha serie de normas para as probas:
- Está prohibido o uso de móbiles ou calquera outro dispositivo electrónico (tablets, reloxos intelixentes, auriculares...)
- A proba debe contestarse en bolígrafo de tinta indeleble.
- Non está permitido o uso de corrector (tipex).
- Se vexo a alguén copiar (dunha compañeira ou con calquera outro método) anúlase o exame desa persoa, o que conleva unha nota de "0" nesa proba.
Un saúdo