PROBA ESCRITA UD1

PROBA ESCRITA UD1

por María del Carmen Suárez Cotelo -
Número de respostas: 0

Boa tarde

tal e como vos comentei hoxe na clase, a proba escrita para avaliar a UD1 será o vindeiro luns día 6 de outubro, en horario de clase de PSAP. A aula está por determinar. Avisareivos en canto a saiba.

Aprobeito para lembrarvos unha serie de normas para as probas:

  1. Está prohibido o uso de móbiles ou calquera outro dispositivo electrónico (tablets, reloxos intelixentes, auriculares...)
  2. A proba debe contestarse en bolígrafo de tinta indeleble.
  3. Non está permitido o uso de corrector (tipex). 
  4. Se vexo a alguén copiar (dunha compañeira ou con calquera outro método) anúlase o exame desa persoa, o que conleva unha nota de "0" nesa proba. 

Un saúdo