Exames e tarefas - 1ª Avaliación Matemáticas II

Re: Exames e tarefas - 1ª Avaliación Matemáticas II

por Ana Carballeira Carballal -
Número de respostas: 0
Bos días,
Escribinvos un mensaxe de forma individual a cada un de vós comentado os resultados do último exame e da nota que, ata agora, teriades na primeira avaliación. Se a calquera de vós algo nos lle encaixa pode escribirme para coméntalo. De todos modos o martes levo os exames e vémolo en clase.
A razón desta mensaxe e de colgar a resolución do exame na aula virtual é porque non quero que esperedes ao martes para comezar a traballar para o global do venres. Anímovos unha vez máis a todos a que o preparedes ben. Podedes escribirme sobre calquera dubida ou preguntarme en clase, pero debedes comprender moi ben todo o traballado.
Un saúdo