Exames e tarefas - 1ª Avaliación Matemáticas II

Exames e tarefas - 1ª Avaliación Matemáticas II

por Ana Carballeira Carballal -
Número de respostas: 3

Boas tardes,

Aproveito para confirmar como comentado hoxe na clase, os exames desta avaliación:

1º EXAME: data 23/10/2025 (confirmada). UD1 Límites e continuidade. Cálculo diferencial (correspóndese cos temas 8, 9, 10 e 11 do libro de texto Anaya). Peso na avaliación: 45%

2º EXAME:  data 27/11/2025 (pendente confirmar). UD2 Cálculo integral (correspóndese cos temas 12 e 13 do libro de texto Anaya). Peso na avaliación: 45%

Como sabedes estos exames constitúen un 90% da nota da avaliación. O 10% restante obterase do voso traballo diario que nesta avaliación se dividirá así:

  • 2,5%: deberes e participación diaria
  • 2,5%: entrega de exercicios
  • 5%: tarefas realizadas na aula con esquema 

Un saúdo e para calquera dúbida podedes consultarme.

En resposta a Ana Carballeira Carballal

Re: Exames e tarefas - 1ª Avaliación Matemáticas II

por Ana Carballeira Carballal -
Bos días,
Como comentado na aula confirmamos a data do 2º EXAME para o venres 05/12/2025: UD2 Cálculo integral (correspóndese cos temas 12 e 13 do libro de texto Anaya). Peso na avaliación: 45%
Un saúdo
En resposta a Ana Carballeira Carballal

Re: Exames e tarefas - 1ª Avaliación Matemáticas II

por Ana Carballeira Carballal -
Boas tardes,
Como comentado na aula confirmamos a data do EXAME GLOBAL DA 1ª AVALIACIÓN para o venres 12/12/2025:
UD1 Límites e continuidade. Cálculo diferencial
UD2 Cálculo integral

Peso na avaliación: 90% (como sabedes consideraremos a nota máxima entre os dous exames parciais e este exame global).
Un saúdo
En resposta a Ana Carballeira Carballal

Re: Exames e tarefas - 1ª Avaliación Matemáticas II

por Ana Carballeira Carballal -
Bos días,
Escribinvos un mensaxe de forma individual a cada un de vós comentado os resultados do último exame e da nota que, ata agora, teriades na primeira avaliación. Se a calquera de vós algo nos lle encaixa pode escribirme para coméntalo. De todos modos o martes levo os exames e vémolo en clase.
A razón desta mensaxe e de colgar a resolución do exame na aula virtual é porque non quero que esperedes ao martes para comezar a traballar para o global do venres. Anímovos unha vez máis a todos a que o preparedes ben. Podedes escribirme sobre calquera dubida ou preguntarme en clase, pero debedes comprender moi ben todo o traballado.
Un saúdo