COMEZO DO CURSO BÁSICO DE MOODLE

COMEZO DO CURSO BÁSICO DE MOODLE

por SANTI MESEGUER -
Número de respostas: 0

Bo día a tod@s,

O dia 29 de Setembro deixouse aberto o acceso ao curso, pero debido a algún técnicos vaise comezar oficialmente o día 1 de Outubro.

Este curso que pretende que sexades capaces de crear a lo menos unha unidade. A duración do curso é de 10 horas. Non son moitas horas. Pero suficientes para ter unha pequena idea do funcionamento da aula virtual. O curso remata o 30 de Outubro.

O curso está divido en tres seccións: A primeira sección está pensada para facela dende xa ao 9 de Outubro. A segunda sección abrirase a partir do día 10 de Outubro. E a terceira sección abrirase a partir do 18 de Outubro. Xa tendes aberta a primeira de elas.

Unha vez esteades dentro do curso, tendes que comezar xa coa primeira tarefa (TAREFA 1.1). Esquecede os manuais e os vídeo titoriais que atopades antes. Todo iso está para quen queira  botarlle unha ollada. Pero de primeiras non perdemos o tempo. Imos dereitos ás tarefas.

 

O curso está pensado para que vaiades aprendendo e vos guiedes seguindo pasa a paso as directrices que veñen nas tarefas. Nalgunhas hai vídeos titoriais para axudar a comprender e neles explícanse mais cousas das que se pide na tarefa. Co cal a miña suxestión e que vexades o vídeo, pero sempre segue ao pe da letra o que che di a tarefa por escrito, non o que digo ou fago no vídeo (que nalgúns momentos son o desenvolvemento da tarefa).

Para poder desenvolver as distintas tarefas que atopades neste curso principal (CURSO BÁSICO DE MOODLE) creáronse outros cursos que veñen a ser como cadernos de traballo. Por tanto, cada un de vos, ten asociado outro curso a maiores onde é profesor. Este vai a ser a ferramenta que empregaredes para aprender e para  facer todas as tarefas. E os resultados das tarefas, ides ter que entregalas no curso principal. 

Os cursos que funcionan como cadernos de traballo levan o nome: CURSO + dous díxitos. Os atoparedes en ACCESO AULAS onde cada un de vos ten asignado un curso. Se premedes no curso asociado ao voso nome, entraredes directamente en el. Prégase que por favor NON MODIFIQUEDES os nomes de estes cursos, e que sigades as tarefas ao pe da letra. E quen queira, pode crear cursos paralelos, pero fora do ámbito de este curso.

Neste curso non vou empregar a videoconferencia como ferramenta educativa debido a imposibilidade de conexión por limitación da miña carga horaria.

Para traballar recoméndovos que abrades no voso escritorio dúas ventás: unha co curso principal para seguir paso a paso a tarefa e outra ventá co CURSO 00 para facer a tarefa.

Recordade que no FORO DÚBIDAS podedes expoñer calquera problemática onde se intentarán resolvelas