Bos días a todas!
Escríbovos para lembrarvos que durante o confinamento as actividades de Dinamizaciónda lingua galega se trasladaron ao Blog de Normalización, na web do centro. Pareceunos un lugar máis acaído por estar aberto a toda a comunidade educativa. Desde alí levamos semanas propondo diversas actividades que podedes consultar aquí: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesricardomella/taxonomy/term/48
E nesta semana das letras galegas, desde o Equipo de Dinamización pensamos en proporvos un reto para dinamizar o galego e, ao mesmo tempo, querernos un pouco máis. Que nunca está de máis. Aquí vos deixo a información. Espero que vos guste e, por suposto, estamos abertos a calquera mellora que propoñades. Espero que entre todas poidamos crear un álbum chulo que amosarlle ao mundo. Desde Vigo. Con amor.