XUNTANZAS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
Section outline
-
Por fin comeza este curso, marcado pola pandemia e a ausencia dos últimos meses. Mais a lingua non estivo confinada. De feito moitos de vós, se cadra, usástela máis ca nunca en chamadas sen fin. Esperemos que algunhas desas horas de comunicación fosen en galego.
Desde o Equipo para a Dinamización da Lingua Galega, proximamente celebraremos o Día das Letras Galegas, adiado desde o pasado mes de maio. Será o vindeiro 30 de outubro, a partir das 12h.
E para tal ocasión presentámosvos un Concurso de conxuros. Para que entre todxs botemos fóra todo o malo destes últimos meses e nos purifiquemos para este novo curso, para que sexa enteiro, proveitoso e en saúde. A seguir deixámosvos a información xeral e as Bases do concurso. E animámosvos a que participedes todxs, que os premios serán suculentos...
-
CONCURSO DE CONXUROS PARA O SAMAÍN
O conxuro é unha invocación, máis ou menos rimada, a poderes de toda índole (físicos, espirituais, morais, políticos, sobrenaturais, ...) para todo o que desexemos.
A finalidade deste concurso é crear conxuros para afastar todo o malo que queiramos que desapareza das nosas vidas: violencia, maltrato, inxustizas, guerras, prexuízos, estreiteces económicas, agresións ambientais... en xeral e, en particular, neste ano 2020.Aquí deixamos algúns exemplos:
Ollos de sapo,
pata de ra,
que acabe a pandemia
pasadomañá.
Conxuros contra a néboa
Érguete néboa,
puta da serra,
filla dun can
e dunha cadela.
Aí vén san Xoán
co seu burro ruán
ai! que te mata
ai! que te papa
ai! que te leva
ao fondo do mar
a secar.Outro diferente
Levántate, néboa,
do mar e daterra
que aí vén San Martiño
co seu ramalliño,
chorando e berrando
que te ha matar,
cortarche a cabeza
e tirala ao mar.ANÍMATE E FAI OS TEUS CONXUROS!!!