Ir ao contido principal
AVRM
  • Inicio
  • Calendario
  • Mis accesos
    Web IES Ricardo Mella Portal Educativo Formación profesional
  • Ir a Google
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AVRM
Inicio Calendario Mis accesos Contraer Expandir
Web IES Ricardo Mella Portal Educativo Formación profesional
Ir a Google
Expandir todo Contraer todo
  1. Itinerario persoal para a empregabilidade I (CS Administración e finanzas)
  2. 📌 Unidade 4. O dereito do traballo e da Seguridade Social
  3. Exercicios de repaso: Indemnizacións

Exercicios de repaso: Indemnizacións

Requisitos do completado
Abertas: xoves, 5 de marzo de 2026, 12:00 AM
Pendente: domingo, 26 de abril de 2026, 11:59 PM

1º) Modificación substancial do contrato:

Na empresa de Emilia produciuse unha gran caída das vendas durante 2 trimestres seguidos (respecto ao ano anterior), polo cal a empresa decidiu que vai modificar o salario que viña cobrando Emilia de 1.500 € para rebaixalo ao salario segundo o convenio, que é de 1.350 €.

Emilia non está conforme con esta modificación substancial do contrato que afecta á súa contía salarial, así que decide extinguir o contrato.

O salario base que cobraba eran 1.500 € máis dúas pagas extras ao ano da mesma cantidade.

A súa antigüidade é de 15 anos.

Calcula a cantidade que cobrará de indemnización.

2º) Despido disciplinario improcedente.

Salvador acaba de gañar un xuízo contra a empresa na que o Xulgado do Social estableceu que o despido é improcedente. A empresa toma a opción de pagar a indemnización. O salario que recibe ao día son 45 €. Recibe dúas pagas extras ao ano de 1.125 € cada unha. A súa antigüidade é de 3 anos e 4 meses, posterior ao 2012.

Calcula a indemnización por despido improcedente.

3º) Calcula a indemnización dun contrato por circunstancias da produción que comeza o día 16 de xaneiro e remata o 24 de abril dese mesmo ano.

As cantidades que recibe ó mes son:

  • Salario base: 1.410 €

  • Plus convenio: 105 €

  • Plus de transporte: 100 €

Cobra dúas pagas extras ao ano de salario base cada unha, as cales están prorrateadas.

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle