Tarefa: O tempo de traballo
Realiza unha táboa comparativa en materia de xornada, descansos e permisos retribuídos.
Consulta o Estatuto dos Traballadores (Art. 34-38) e o teu Convenio Colectivo para comparar os mínimos legais coas melloras do teu sector.
A táboa debe incluír os límites da xornada máxima e os descansos (diario, semanal e en xornada continuada), as vacacións, festivos e permisos retribuídos, así como o tope anual de horas extras.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
CA4.1 - Analizáronse as obrigas e os dereitos derivados da relación laboral, así como as condicións de traballo pactadas nun convenio colectivo aplicable ao sector profesional relacionado co título (15% da nota da unidade).