Conflicto ante o SMAC
No ámbito sanitario e sociosanitario poden xurdir conflitos laborais que se resolven, antes de chegar a xuízo, mediante un acto de conciliación ante o SMAC (Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación).
Nesta tarefa traballaredes unha situación ficticia relacionada coa vosa futura profesión, poñendo en práctica habilidades de negociación e coñecementos teóricos sobre a materia.
A actividade consta de varias partes:
1. Reparto de roles ou papeles
- Presentador/a.
- Representante de la empresa (abogado o empresario/a).
- Representante de las personas trabajadoras (abogado o delegado sindical).
- Traballador/a ou traballadores/as.
- Mediador/a ou conciliador/a ou ben árbitro (escoller un).
2. Elaborar un guión (entrega 12 de marzo de 2026 )
Deberedes elaborar un guión ou manuscrito onde se reflexe a presentación, as conclusión e o diálogo que ides representar. Neste caso ides a representar unha situación laboral ficticia relacionada co sector sanitario ou sociosanitario.
📌 O guión entregarase a través da aula virtual co seguinte nome: nomedogrupo_tema4tarefa1.pdf
2. Representación do acto de conciliación (9 de marzo de 2026)
Representaredes o acto de conciliación, mediación ou arbitraxe (a decisión vosa) mediante unha pequena dramatización na aula.
Durante a dramatización, cada parte debe cumprir coas seguintes funcións:
Presentador/a (Apertura)
-
Presentar as persoas participantes.
-
Describir as causas do conflito de forma clara.
-
Identificar o tipo de conflito ante o que nos atopamos.
-
Explicar qué se solicita no SMAC (Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación).
As persoas participantes deben
-
Manter unha actitude tolerante e de escoita activa.
-
Empregar estratexias de negociación adecuadas ao caso.
-
Manifestar as actitudes que definen a unha boa persoa negociadora (empatía, asertividade, flexibilidade...). Non é preciso que representen todas.
-
Aportar datos e opinións: a exposición debe ser o suficientemente clara para que o público saiba diferenciar os feitos obxectivos das opinións persoais.
Presentador/a (Peche e conclusións)
-
Sintetizar as conclusións da negociación.
- Enumerar as etapas polas que pasou a negociación.
-
Indicar os comportamentos de cada parte observados durante a situación de negociación.
-
Identificar as estratexias específicas que se utilizaron durante o proceso.
⏱️ Duración aproximada da representación: 5–10 minutos por grupo.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Criterios de avaliación
-
Explicar as causas dos conflitos.
-
Describir os diferentes tipos de conflitos.
-
Identificar os problemas, factores e causas que xeran un conflito.
-
Discriminar entre datos e opinións.
-
Respectar outras opinións demostrando un comportamento tolerante ante condutas, pensamentos ou ideas non coincidentes coas nosas.
-
Definir o concepto e os elementos da negociación.
-
Identificar os tipos de eficacia dos comportamentos posibles nunha situación de negociación.
-
Identificar as etapas dun proceso de negociación.
-
Identificar estratexias e tácticas de negociación.
-
Coñecer as actitudes e psicoloxía para ser unha boa negociadora.