O informe oral e a súa exposición
Obxectivo: Reflexionar sobre a experiencia de traballo en equipo no módulo de Relacións no Equipo de Traballo, identificar dificultades e propostas de mellora, e practicar a comunicación oral e a escoita activa.
INSTRUCCIÓNS📋
- Análise: En grupo, falade brevemente sobre como traballastes ata agora.
- Reparto de roles e tarefas: Identificade as tarefas ou funcións que cada membro desempeñou ata o momento (por exemplo: busca de información, redacción, achega de ideas, coordinación…).
- Análise do funcionamento do grupo: Identificade dúas ou tres dificultades que tivéchedes durante o traballo en equipo e indicade as ferramentas que empregastes (teléfono, WhatsApp, reunións, aula virtual...).
- Reflexión individual e propostas de mellora: Cada membro debe facer unha breve reflexión persoal sobre o aprendido ata o momento e o que podería mellorar (por exemplo: ser máis puntual, participar máis ou escoitar mellor). Ante as dificultades detectadas, o grupo debe facer propostas de axuda ou mellora.
Exemplo: Se hai problemas de puntualidade, pódese acordar cambiar a hora das reunións ou enviar recordatorios.
- Preparación do guión
-
-
Seguindo as etapas vistas en clase sobre a elaboración da mensaxe oral, elaborade un guión que siga a estructura típica do informe (datos do grupo, análise da experiencia, valoración e conclusións...). LEMBRADE QUE TEN QUE SER UN GUIÓN. NON UNHA TRANSCRIPCIÓN.
-
3. Presentación e entrega:
-
-
Entrega na aula virtual dun arquivo de audio (formato mp3 ou wma) simulando a exposición oral ante un público co seguinte nome: nomedogrupo_tema3tarefa1.mp3 e o guión en PDF co seguinte nome: nomedogrupo_tema3tarefa1.pdf
-
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Criterios de avaliación
- Deducir as alteracións producidas na comunicación de unha mensaxe no que existe disparidade entre o emitido e o percibido.10% da nota da unidade.
- Transmitir a execución práctica de certas tarefas, operacións ou movementos comprobando a eficacia da comunicación. 20% da nota da unidade.
- Demostrar interese pola descrición verbal precisa de situacións e pola utilización correcta da linguaxe. 10% da nota da unidade.
- Identificar as barreiras e interferencias que dificultan a comunicación. 20% da nota da unidade.
- Coñecer as técnicas adecuadas para reducir as dificultades na comunicación. 20% da nota da unidade.
- Coñecer e ser conscientes dos recursos que utilízanse para manipular os datos da percepción. 10% da nota da unidade.
- Coñecer o uso adecuado do teléfono. 10% da nota da unidade.