Elaboración dun Plan de prevención
Elaborade un Plan de prevención para o IES Ricardo Mella que deberá contar coa seguinte estrutura:
-
Datos do centro: Nome do centro, actividade, número de persoas traballadoras, breve descrición do local.
-
Obxectivos do plan de prevención: Breve descrición dos obxectivos do plan de prevención, redactados por vós ou extraídos e adaptados da normativa vixente.
-
Organización da prevención: Tendo en conta as características do centro, escoller o modelo de organización da prevención máis adecuado, indicando as funcións a desenvolver polo servizo preventivo ou os responsables da prevención no IES. Tamén será preciso indicar o número de Delegados de prevención e membros do Comité de Seguridade e Saúde que o conforman.
-
Actuacións preventivas básicas (excluídas avaliación de riscos e medidas preventivas para os factores de risco detectados)
- Avaliación periódica de riscos
- Información e formación sobre os riscos e as medidas preventivas
- Vixiancia da saúde
- Obrigacións básicas do persoal
- Medidas de emerxencia: Situacións de emerxencia previstas (incendio), organización en caso de emerxencia, distribución clara de responsabilidades, procedemento de actuación paso a paso.
- Control de accidentes
Formato do documento
- Máximo 15 páxinas
- Interlineado 1,5
- Times New Roman (ou similar) de 12 puntos.
Criterios de avaliación:
- CA1.4 - Analizáronse os protocolos de actuación en caso de emerxencia (17% da nota).
- CA1.5 - Determináronse os principais dereitos e deberes en materia de prevención de riscos laborais (17% da nota).
- CA1.6 - Clasificáronse as formas de xestión da prevención na empresa ou no organismo equiparado, en función dos criterios establecidos na normativa sobre prevención de riscos laborais, e determináronse as formas de representación das persoas traballadoras na empresa ou no organismo equiparado en materia de prevención de riscos (15% da nota).
- CA1.7 - Valorouse a importancia da existencia dun plan preventivo na empresa ou no organismo equiparado que inclúa a secuencia de actuacións para realizar en caso de emerxencia, e reflexionouse sobre o contido deste (17% da nota).
- CA1.8 - Determináronse os requisitos e as condicións para a vixilancia da saúde da persoa traballadora e a súa importancia como medida de prevención (17% da nota).