Actividade 1.2. Condicións medioambientais
Resolve os seguintes supostos prácticos:
Suposto 1 (0,5 puntos). Talleres Cars adícase á reparación mecánica e de chapa de automóbiles. Pedro traballa en Talleres Cars dende hai 25 anos como oficial de primeira na reparación mecánica e montaxe de carrozaría utilizando unha atornilladora neumática, entre outras ferramentas. Ten 55 anos e a duración da súa xornada laboral é de 8 horas, as cales realiza na quenda de mañá de 7 a 15 horas e de luns a venres.
Juan, un mozo de 22 anos, encárgase de lixarlle a chapa e reparala como oficial de terceira. Ten contrato por obra ou servizo dende hai ano e medio. A súa xornada é de 40 horas semanais, de luns a sábado.
¡O ruído no taller é realmente alto! No posto de Pedro, o nivel ambiental de ruído, segundo a última avaliación, era de 85 dB(A), pero no posto de traballo de Juan o nivel diario equivalente era de 86 dB(A). Os niveis pico alcanzados en ambas zonas, especialmente cando golpean a chapa, poden chegar aos 139 dB. A empresa tenos formados e informados dos riscos, entre eles os relacionados co ruído.
Por este motivo, obrígaos a utilizar equipos de protección individual, en concreto, tapóns auditivos que lles proporciona a empresa. Pedro póneos, pero Juan prefire poñer cascos con música a todo volume. Juan últimamente oí peor e grita moito cando fala. Ao realizar a recoñecemento médico da empresa, a audiómetra xa detectou alteracións no seu oído. Juan cóntallo a Pedro, que lle aconsella poñerse os tapóns protectores mentres traballa.
Ademáis das contempladas pola empresa, que outras medidas aplicarías ante os niveis de ruído?
Suposto 2 (0,5 puntos). Nun centro de traballo hai oficinas e almacéns aos que se accede por medio dun corredor. Indica cales son os niveis de iluminación adecuados para cada zona. Ademais da fatiga visual, menciona outros danos para a saúde relacionados coas condicións de iluminación.