Section outline

    • Déixovos os apuntamentos máis resumidos

    • Os estou avaliando. Cando poda douvos as notas.

      Comentario a simple vista do traballo de Plauto e Cicerón:

      Chámame moitísimo a atención que escollerades a Poseidón/Neptuno na portada, en fin, ten temática clásica. Pero creo que non está relacionado nin co teatro nin coa oratoria.

      Tampouco entendo moito que apareza Giovanni Giacomo Casanova do século XVIII con Cicerón, que eu saiba Giovanni Giacomo Casanova (1725–1798) non ten relación directa con Marco Tulio Cicerón. Casanova foi un aventureiro e escritor do século XVIII, mentres que Cicerón foi un político e orador romano do século I a. C. O vínculo entre ambos é só literario: Casanova traduciu e comentou obras clásicas, incluíndo textos como a Ilíada, pero non se coñece unha conexión específica con Cicerón

      Outra figura curiosa foi a de Cómodo, na portada de Teatro-Plauto.

      O día da exposición pareceume estraño pero quixen asegurarme antes de facer algún comentario.

      Logo hai diapositivas que están moi concisas e claras e outras que teñen bastante letra, nunha exposición hai que presentar o principal e na explicación dar máis detalles se son necesarios.

      Botei en falta un índice e un apartado de fontes.

      Persoalmente, creo que está máis sintetizada e mellor elaborada a parte de Plauto. Pero de contido van ben as dúas.

      En relación ao segundo ao de Virxilio, Horacio e Tito Livio: 

      Ten todos os apartados requiridos na rúbrica, no índice aínda que non estaba especificado, se identificaron claramente as persoas que elaboraron cada parte., o que se agradece bastante a hora de avaliar. Tamén as fontes, a xustificación do traballo, conclusión.

      En xeral, ben e bastante esquematizado aínda que si hai páxinas nas que hai moitísimo texto, sobre todo, nalgunha de Tito Livio (nas que se leu todo, palabra por palabra) e nalgún esquema...

       

      Quédame a puntuación personal que probablemente vola envíe de xeito individual cando as teña todas.

    • Abertas: xoves, 18 de decembro de 2025, 12:00 AM
      Pendente: venres, 20 de febreiro de 2026, 12:00 AM

      Déixovos a tarefa desta 2ªavaliación.

      En principio, pedín as fotocopias en papel, pero como non sei cando chegarán, déixovos isto a vosa disposición

    • Son 150 os latinismos en total para selectiviadade. En cada avaliación 50. Como faremos 2 probas por avaliación, podemos poñer 25 en cada exame :) para que sexa máis doado. 

      Os latinismos con exemplos son os que entran na ABAU. Os outros non todos coinciden pero podésdeslle botar un ollo, por se hai algún exemplo ou explicación que vos guste máis.

      Latinismos empregados de xeito divertido en noticias que porderían ser certas

      https://www.elmundotoday.com/2025/10/greta-thunberg-y-donald-trump-ganan-el-nobel-de-la-paz-ex-aequo/

    • Textos para traballar este trimestre