Opcións de matriculación

Nesta materia aprenderás a preparar pedidos, atender á clientela e realizar vendas sinxelas con calidade, seguridade e boa comunicación.

É un módulo práctico, con moitas simulacións e tarefas reais.

Que imos aprender:
Atender á clientela con educación, escoita activa e resolución básica de dúbidas.
Realizar a venda no punto de venda: fases da venda, presentación do produto e despedida.
Preparar e verificar pedidos: listas de picking, control de cantidades e revisión final.
Manexar o TPV: emisión de tickets, cobros con tarxeta, devolucións e arqueo básico.Embalaxe, etiquetaxe e expedición dos pedidos para entrega en tenda ou envío. Seguridade e saúde: postura, manipulación de cargas e orde na zona de traballo.
Exemplos de actividades
Role plays de atención ao cliente: saúdo, preguntas, peche e despedida.
Preparación de pedidos nunha simulación de almacén: picking, comprobación e
embalaxe.Montaxe de paquetes e etiquetaxe para envío/recollida.
Que se vai valorar especialmente
• Puntualidade, orde e coidado do material · • Comunicación respectuosa coa clientela · •Seguimento de instrucións e traballo en equipo · • Aplicación das normas de seguridade.

Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.