• Benvid@s ao curso de Dixitalización

    Durante este curso 2025-2026 non empregaremos un libro de texto e polo tanto, a aula virtual, será a vosa principal ferramenta de traballo. Debedes estar pendentes, pois aquí encontraredes todas as tarefas, así como documentos, resumes, exercicios, exemplos e demais material complementario sobre a materia.

    Como podedes ver, este aula está organizada tendo en conta as diferentes unidades que constitúen o curso. Aquí, na parte superior, denominada "Xeral", encontraredes o foro de anuncios, mediante o cal recibiredes recordatorios e avisos, polo que debedes de revisala con frecuencia.

    Se necesitades calquera cousa, podedes poñervos en contacto comigo a través do chat desta Aula Virtual ou por suposto, tamén en persoa durante as clases.

    ¡Que teñades un moi bo curso!

    _________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

    Bienvenid@s al curso de Digitalización

    Durante este curso 2025-2026 no usaremos un libro de texto y por lo tanto, el aula virtual, será nuestra principal herramienta de trabajo. Debéis estar pendientes, pues aquí encontrareis todas las tareas, así como documentos, resúmenes, ejercicios, ejemplos y demás material complementario sobre la materia.

    Como podéis ver, este aula está organizada teniendo en cuenta las diferentes unidades que constituyen el curso. Aquí, en la parte superior, denominada "General", encontráis el foro de anuncios, mediante el cual recibiréis recordatorios y avisos, por lo que debéis de revisarla con frecuencia.

    Si necesitáis cualquier cosa, podéis poneros en contacto conmigo a través del chat de este Aula Virtual o por supuesto, también en persona durante las clases.

    ¡Que tengáis un muy buen curso!

  • Icona Proba
    Abertas: xoves, 16 de abril de 2026, 8:40 AM
    Pechadas: venres, 17 de abril de 2026, 2:00 PM
  •     RECUPERACIÓN

    A data máxima para a entrega das tarefas non realizadas será o domingo 31 de maio ás 23:59. O alumnado deberá indicarlle a profesora previamente que tarefas vai realizar para que ela lle conceda unha prorroga para poder entregalas.

    O alumnado que non alcance o aprobado como nota final de curso, terá que recuperar as unidades suspensas por medio dunha proba de recuperación no ordenador de cada unidade suspensa:

    • UD1 (Dispositivos dixitais, sistemas operativos e de comunicación): mércores 03/06
    • UD2 (Crecaión e maquetaxe de textos - Writer): xoves 04/06
    • UD3 (Tratamento da información con follas de cálculo - Calc): venres 05/06
    • UD4 (Creación e publicación de presentacións dixitais e infografías - Impress): mércores 03/06
    • UD5 (Edición e montaxe audiovisual - Audacity): xoves 04/06
    • UD6 (Seguridade e benestar dixital): venres 05/06

    A nota final calcularase tendo en conta as novas cualificacións obtidas seguindo o procedemento establecido.

  •     PROBA ESCRITA UD : mércores 27/05/2026

  •     PROBA ESCRITA UD 4: venres 24/04/2026

  •     PROBA ESCRITA UD 3: xoves 05/03/2026

  •     PROBA ESCRITA UD 2: mércores 12/11/2025 ==> retrasaso ao venres 21/11/2025 

  •     PROBA ESCRITA UD 1: xoves 09/10/2025

  • 🚀 CHATGPT DO FUTURO: ANO 2040

    Hoxe non imos facer unha actividade calquera de Dixitalización.

    Imos utilizar a intelixencia artificial para viaxar ao futuro. Imaxinade que pasaron 14 anos. Estamos no ano 2040.

    Tedes arredor de 30 anos e a vosa vida seguiu un camiño que agora mesmo aínda descoñecedes. A vosa misión será entrevistar ao voso "eu do futuro".


    FASE 1. Crear o personaxe

    Responde brevemente ás seguintes preguntas:

    • Cantos anos tes?
    • A que te dedicas?
    • Onde vives?
    • Como é un día normal na túa vida?
    • Que tecnoloxía utilizas habitualmente?
    • Que soño conseguiches cumprir?
  • 🚀 CHATGPT DO FUTURO: ANO 2040

    FASE 2. Entrevista ao eu do futuro

    Introduce este prompt en ChatGPT:

    "Quero que actúes como a miña versión do ano 2040.

    Actualmente teño 15-16 anos e estudo 4º da ESO.

    Fai unha entrevista na que eu che faga preguntas e ti respondas coma se foses a miña versión futura.

    Describe:

    • A miña profesión.
    • O meu estilo de vida.
    • As tecnoloxías que utilizo.
    • Os cambios que ocorreron na sociedade.
    • Os consellos que me darías desde o futuro.

    Fai que as respostas sexan creativas, realistas e persoais."