Section outline

  • Nesta unidade imos a dar resposta ás seguintes preguntas 

    ❓ Que é a saúde no traballo?
    É o teu benestar físico, mental e social no traballo, non só a ausencia de enfermidade.

    ❓ Que son os riscos laborais? Son as condicións do traballo que poden causarche un dano. Por exemplo, moito ruído, posturas incómodas ou o contacto con substancias perigosas.

    ❓ Que danos me poden pasar?

    • Accidentes de traballo: Unha lesión repentina, como un corte.

    • Enfermidades profesionais: Unha enfermidade que aparece co tempo, como unha xordeira.

    • Outras patoloxías: Problemas relacionados co estrés ou a fatiga.

    ❓ Cal é a diferenza entre prevención e protección? A prevención é a solución desde a orixe, para evitar o risco (unha varanda ✅). A protección é para cando o risco segue aí, e usas algo para protexerte (un EPI, como luvas ou casco 🛡️).

    Criterios de avaliación

    • Valourose a importancia da cultura preventiva na empresa, relacionando as condicións laborais coa saúde, identificando e clasificando os factores de risco e os danos derivados deles nas situacións de risco máis habituais do sector profesional.