Section outline

  • Hai un refrán galego preparado para cada ocasión...

    Dá igual se falamos de gastronomía, educación, meteoroloxía... Sempre haberá unha frase feita, ás veces con retranca, que faga sorrir ou reflexionar sobre o noso pensamento popular

    O clima é unha das temáticas favoritas da cultura galega:

    FRASEOLOXÍA DA CHUVIA


    FRASEOLOXÍA DO FRÍO


    • ACTIVIDADE POR GRUPOS:

      1.Recollede entre a familia e o vecindario refráns relacionados co outono.

      2.Anotade o seu significado e o nome da persoa informante.

      3.Engadide imaxes relacionadas con esas frases feitas.

      4.Incorporádeas ao glosario.

      EXEMPLO:

      MOITO HAS DE SABER PARA COGOMELOS COLLER

      SignificadoDado que os cogomelos son fungos que poden ser comestibles ou non, hai que ter coidado ao collelos por se son tóxicos.

      Informante: María.

      Grupo: Diego, Alexia e Lois.

    •  

      A lectura é o alimento da alma...

       

       Neste documento están recollidas as propostas de lectura para todo o curso. Podes escoller a que queiras.

       Lembra que as probas serán orais.

       Ánimo;)

    • 1. Tipos de texto: a narración.

      • Tipos de narración da vida cotiá: persoais, académico-científicas, xurídico-administrativas, xornalísticas.
      • A noticia: titulares e portadas. (p. 14 e 15 do libro de texto). Exercicios: 1, 3 e 4.
      • A narración literaria: elementos característicos que a compoñen (narrador, estrutura, tempo, espazo e personaxes).

      2. Morfosintaxe: verbos regulares, irregulares e semirregulares.

      • A temporalidade verbal: pretérito, presente e futuro.
      • O infinitivo persoal.

      3. Morfoloxía: a estrutura das palabras (a derivación). Exercicios: 1, 2, 3 e 4 (p.21).

      4. Lingua e sociedade: concepto de lingua oficial.

      5. Léxico: os seres míticos galegos.

      • A casa (repaso dos conceptos de campo semántico, hiperónimo e hipónimo). Exercicios: 1, 2, 3, 4 (p.16) e 6 (p.17).

      6. Repaso do alfabeto (p.22, 23). Exercicios: 2 e 3.

      • Alfabeto do día ideal (actividade creativa de expresión escrita).
    • APRENDEMOS XOGANDO

      Presentación para practicar a conxugación dos verbos con  alternancia vocálica...

    • A moura do castro de Negros é un exemplo de lenda popular relacionada cos seres míticos vistos en clase.

    • 1. O texto poético: definición, características, temática, tópicos e recursos estilísticos.

      • Distinción entre denotación e connotación.

      2. Verbos irregulares.

      3. Hiperonimia e hiponimia.

    • Actividade voluntaria!!!
      Se precisades comprobar o que sabedes, respondede os exercicios e actvidades deste documento...
      Ánimooooo!!!


    • Actividades voluntarias para adolescentes con curiosidade!!!


      Anímate!!!