
Neste curso imos desenvolver o coñecemento e as competencias básicas en economía verde, sustentabilidade e
impacto ambiental da actividade e entender como as esixencias da transición ecolóxica modifican
os procesos produtivos do sector correspondente.
Os contidos principais que se desenvolven neste módulo profesional son:
• Introdución á sustentabilidade
• Retos ambientais, sociais e de gobernanza
• Economía circular
• Protección dos ecosistemas e a saúde
• Sustentabilidade e actividade profesional
- Profesor/a: Paz Ares Pou

Neste curso imos desenvolver o coñecemento e as competencias básicas en economía verde, sustentabilidade e
impacto ambiental da actividade e entender como as esixencias da transición ecolóxica modifican
os procesos produtivos do sector correspondente.
Os contidos principais que se desenvolven neste módulo profesional son:
• Introdución á sustentabilidade
• Retos ambientais, sociais e de gobernanza
• Economía circular
• Protección dos ecosistemas e a saúde
• Sustentabilidade e actividade profesional
- Profesor/a: Paz Ares Pou

Benvidas e benvidos á Aula de Titoría de 1º de FPB de Servizos Comerciais.
Este espazo servirá para estar conectados e organizados: atoparedes as normas do grupo, impresos e documentos, diapositivas e guías para tratar temas de convivencia, e anuncios con datas especiais (reunións, actividades, comezos de vacacións…).
Tamén contamos cun chat para dúbidas rápidas e avisos.
Activade as notificacións e botade un ollo cada semana.
Imos coidarnos, aprender e facer equipo!
- Profesor/a: Paz Ares Pou

O módulo de Servizos Administrativos da Formación Profesional Básica céntrase en capacitar aos estudantes para realizar tarefas administrativas e de xestión esenciais en calquera empresa. O obxectivo principal é que adquirades autonomía, responsabilidade e iniciativa persoal nos vosos traballos.
O contido do módulo divídese en varias áreas clave:
-
Xestión de documentos e información: Aprenderás a utilizar programas informáticos para gravar datos, elaborar, arquivar, imprimir e transmitir documentos de maneira eficiente. Isto inclúe o manexo de follas de cálculo e aplicacións de presentacións.
-
Comunicación profesional: Ensínanse técnicas para tramitar correspondencia e paquetería (interna e externa), así como para xestionar a comunicación por correo electrónico, tanto no envío coma na recepción de mensaxes.
-
Tarefas de oficina: O módulo cobre as funcións administrativas básicas dunha empresa, como a reprografía e encadernación de documentos, e a realización de operacións de tesourería sinxelas, como a xestión de facturas e o uso dos documentos adecuados.
-
Habilidades dixitais: Faise fincapé na busca de información en redes informáticas (Internet e intranet) e na aplicación de medidas de seguridade e confidencialidade no manexo da información.
En resumo, este módulo prepárache para traballar nunha contorna de oficina, manexando as ferramentas e procedementos básicos necesarios para apoiar a xestión administrativa dunha organización.
- Profesor/a: Paz Ares Pou

Nesta materia aprenderás a preparar pedidos, atender á clientela e realizar vendas sinxelas con calidade, seguridade e boa comunicación.
É un módulo práctico, con moitas simulacións e tarefas reais.
Que imos aprender:
Atender á clientela con educación, escoita activa e resolución básica de dúbidas.
Realizar a venda no punto de venda: fases da venda, presentación do produto e despedida.
Preparar e verificar pedidos: listas de picking, control de cantidades e revisión final.
Manexar o TPV: emisión de tickets, cobros con tarxeta, devolucións e arqueo básico.Embalaxe, etiquetaxe e expedición dos pedidos para entrega en tenda ou envío. Seguridade e saúde: postura, manipulación de cargas e orde na zona de traballo.
Exemplos de actividades
Role plays de atención ao cliente: saúdo, preguntas, peche e despedida.
Preparación de pedidos nunha simulación de almacén: picking, comprobación e
embalaxe.Montaxe de paquetes e etiquetaxe para envío/recollida.
Que se vai valorar especialmente
• Puntualidade, orde e coidado do material · • Comunicación respectuosa coa clientela · •Seguimento de instrucións e traballo en equipo · • Aplicación das normas de seguridade.
- Profesor/a: Paz Ares Pou

Benvidas e benvidos a Economía e Emprendemento – 4º da ESO!
Este curso imos entender a economía da vida real e aprender a crear proxectos con impacto. Non fai falta saber nada antes: imos descubrilo xuntos.
Que imos aprender
-
Cartos e vida cotiá: ingresos, gastos, orzamento e aforro.
-
Mercado e prezos: por que soben/baixin e como nos afecta.
-
Empresa e idea de negocio: cliente, proposta de valor e modelo básico.
-
Impacto social e ambiental: consumir e emprender con responsabilidade.
Como imos traballar
-
Retos prácticos e estudos de caso.
-
Proxecto por equipos: da idea ao pitch final.
-
Mini-debates, xogos e ferramentas dixitais no AV.
-
Aprendizaxe paso a paso: errar é parte do camiño.
Que espero de VOS
Curiosidade, respecto, ganas de probar cousas novas e constancia ao entregar as tarefas.
- Profesor/a: Paz Ares Pou

Neste curso imos desenvolver o coñecemento e as competencias básicas en economía verde, sustentabilidade e
impacto ambiental da actividade e entender como as esixencias da transición ecolóxica modifican
os procesos produtivos do sector correspondente.
Os contidos principais que se desenvolven neste módulo profesional son:
• Introdución á sustentabilidade
• Retos ambientais, sociais e de gobernanza
• Economía circular
• Protección dos ecosistemas e a saúde
• Sustentabilidade e actividade profesional
- Profesor/a: Paz Ares Pou