Inscrición na AV
Como rexistrarse o alumnado de 1º e 2º ESO na AULA VIRTUAL do centro
1. Deben acceder á páxina do centro: http://www.edu.xunta.es/centros/iesrafaeldieste/ e seguir o enlace da parte superior esquerda que pon 'Aula virtual'. (Tamén podes acceder co buscador google e poñer aula virtual IES Rafael Dieste e xa é o primeiro resultado que aparece). A dirección da páxina da aula virtual é: http://centros.edu.xunta.gal/iesrafaeldieste/aulavirtual/
2. Na parte superior dereita seguide o enlace “Acceso”.
3. O usuario que teñen que introducir é o seguinte: o seu nome e primeiro apelido todo en minúsculas e sen espazos. Entre o nome e o primeiro apelido vai un punto. Non valen nin tils nin eñes.
Exemplo:
Óscar Manuel Martínez Pérez Usuario: oscarmanuel.martinez
Juan Patiño de la Rosa Usuario: juan.patino
4. A contrasinal é a seguinte: changeme
5. Ao acabar facemos clic en “Acceso”. Se todo foi bien, Moodle obligará na seguinte pantalla ao usuario a cambiar a contrasinal pola que queira el. A partir deste momento esta será a contrasinal pola que accederá a aula virtual e aos cursos nos cales estea matriculado.
6. Como o alumnado de 1º e 2º de ESO non ten conta de correo electrónico, porque os menores de 14 anos non a poden ter legalmente todo os usuarios teñen o email nonresponder@edu.xunta.es que é unha conta especial de correo para a que se elimina directamente todo o que se recibe. Poderían, sen embargo, poñer unha conta de correo electrónico desde o seu perfil.
Pedro García Estévez