Saída cultural a Lugo

Saída cultural a Lugo

por #Matilde De Cal -
Número de respostas: 0

Os alumnos de 3º de ESO e 4º de ESO de Cultura Clásica, e os alumnos de 1º e 2º de Bacharelato da materia de Grego realizarán unha saída cultural a Lugo o día 4 de marzo de 2013. O obxectivo é estudar as pegadas da romanización en Galicia -destacando este ano o estudo de monumentos patrimoniais para a Semana Cultural de abril-, e asistir á representación dunha traxedia e unha comedia grega. Estas actividades están incluídas no currículo da materia e foron  aprobadas polo Consello Escolar e o Claustro de profesores.

O desprazamento será en autocar, compartido co Instituto Masculino. Os alumnos irán acompañados por dúas profesoras: Begoña Carballido de  Relixión Católica, e Matilde De Cal de Cultura Clásica e Grego.

Os alumnos abonaron os 10 euros que costa a entrada ao teatro (5 euros por cada obra) e recibiron un exemplar de cada obra. O autobús corre a cargo do Instituto.

A saída está prevista para as 8.30 da mañá e a volta para as 20  da tarde.