Este módulo profesional dá resposta a unha serie de funcións do perfil profesional do título de técnico en Comercialización de Produtos Alimentarios, correspondentes á xestión na recepción, no almacenamento e na distribución de produtos en comercios alimentarios.

Os procesos esenciais deste módulo profesional son os que se describen a seguir:

  1. -Recepción de produtos alimentarios.
  2. -Xestión e coordinación do almacén.
  3. -Distribución de produtos.

Os resultados de aprendizaxe e aos contidos educativos deste módulo profesional desenvolverán as seguintes liñas de actuación:

  • Recepción de produtos alimentarios na tenda física e en liña.
  • Planificación das condicións de almacenamento de mercadorías.
  • Elaboración dun plan de zonificación do almacén de produtos alimentarios.
  • Expedición dos produtos alimentarios na tenda física ou en liña.
  • Elaboración de programas de aprovisionamento.
  • Xestión de existencias e rotación de produtos alimentarios.
  • Rexistro do inventario de almacén.
  • Realización e revisión de pedidos, albarás e outros documentos relacionados cos produtos alimentarios.