20. A política económica do franquismo
A política económica durante o franquismo foi evolucionando e, como o propio réxime, adaptándose ás circunstancias internacionais. Poden diferenciarse tres etapas
-Autárquica, 1939-1959, un longo período de posguerra;
-Desarrollismo, 1959-1973, a partir da aplicación de medidas liberalizadoras na economía.
-Crise do tardofranquismo, 1973-1975, vinculada á crise mundial do petróleo-
O ano 1939 polo bando sublevado marca o fin da Guerra Civil e o establecemento dunha longa ditadura denominada Réxime franquista (1939-1975), Características xerais do franquismo(composición 18)
Definir a política autárquica (1939-1959), a súa orixe, obxectivos, en que consiste e como se aplica nos diferentes sectores económicos
Despois da guerra civil a economía española quedou moi danada. Illamento internacional. O goberno desenvolverá unha política económica de autarquía, que é unha aquela que busca o maior grao de autoabastecimiento e autosuficiencia sen depender do exterior, prescindindo de artigos importados susceptibles de ser producidos en España, segundo concepcións económicas influídas polos modelos fascistas
Para conseguilo estableceuse unha forte intervención do Estado na economía
-Industria: En 1941 creouse o INI (Instituto Nacional de Industria), seguindo o modelo italiano. Era como un gran holding de empresas de propiedade estatal con industrias pesada, e dos sectores industrias básicos e considerados estratéxicos (dedicado á fabricación de armas, barcos, aceiro, coches, avións, minería, siderurxia, produción de electricidade, asteleiros, explosivos,..). O estado convertíase no primeiro empresario industrial do país. Empresas como ENDESA, SEAT, RENFE, IBERIA
-Comercio: O Estado organizou toda a actividade económica, especialmente o comercio exterior
- Comercio Exterior: Importacións e exportacións pasaron a estar completamente intervidas, sendo necesario contar cunha autorización administrativa. Regulouse estritamente o cambio de moeda pola escaseza de divisas, o que dificultaba as importacións, mantendo artificialmente elevada a cotización da peseta. A consecuencia foi unha gran escaseza de bens imprescindibles.
- Comercio Interior: fixación dos prezos por parte do Estado, o que conduciu ao desabastecemento de alimentos e as cartillas de racionamento
Consecuencias desta política económica para a poboación española.
Fracaso da política económica autárquica: retroceso económico, político e social de España con respecto a outros países europeos neste período foi un desastre sen paliativos: décadas de miseria e, en épocas como entre 1946 e 1949, de fame no rural.
- Na industria houbo un descenso na produción debido á escaseza de materias primas, de petróleo e de tecnoloxía industrial.
-A poboación sufría a escaseza e alza de prezos de alimentos. aumentou a mortalidade. A escaseza levou a racionar dos produtos de primeira necesidade e a distribuír entre a poboación cartillas de racionamento, para poder compralos. Desenvolveuse un mercado negro dos produtos racionados (o chamado estraperlo), que enriqueceu a uns poucos corruptos próximos ao réxime
2) Desarrollismo e plans de estabilización (1959-1973)
Chegada de novos ministros como López Rodo, Navarro Rubio e Alberto Ullastres, procedentes do Opus Dei, dispostos a solucionar o problema liberalizando e racionalizando a economía española; eran o chamados tecnócratas. Iso significaba abandonar a política autárquica.
a) En 1959 deuse o gran paso; o plan de estabilización:
Fin da autarquía e liberalización da economía para adaptala ao marco das economías dos países capitalistas do bloque occidental (“flexibilidade económica, pertenza A OECE “) inserir a economía española no mercado internacional e limitar o riguroso intervencionismo estatal:
acabar coas restricións ás exportacións e importacións, permitir a entrada de investimentos estranxeiros e eliminar as trabas ao comercio interior, liberalizando os prezos, e o establecemento da libre competencia.
- Tamén estableceuse como obxectivo axustar o gasto público aos ingresos, para o que se aumentaron os impostos indirectos e restrinxíronse os gastos
b) A partir de 1962, nun contexto de crecemento económico europeo, inícianse os Plans de Desenvolvemento Económico e Social, centrados na industria, para incrementar o crecemento económico e paliar os desequilibrios territoriais. Lograrán industrializar e modernizar España.
- INDUSTRIA:
Estimulan e fan crecer a produción de sectores básicos: industria de base (siderurxia, química), sector enerxético (constrúen refinerías e encoros hidroeléctricos, emblema do réxime grazas a súa propaganda), produción de bens de consumo (o sector automobilístico- o SEAT 600 será accesible ás clases medias-, electrodomésticos e aparellos electrónicos ), minaría e ind. de construción naval.
Para intentar paliar os desequilibrios territoriais crean os polos de desenvolvemento que buscan mediante diferentes medidas (fiscais, subvencións, terreo industrial barato,...) paliar os desequilibrios territoriais na industrialización. Lograron unha distribución xeográfica máis ampla (aparecen polos como o Val do Ebro, o Levante… ou A Coruña e Vigo)
- O eterno problema agrario solucionouse pola vía do éxodo rural: a abundante man de obra sobrante no campo trasladouse aos polo industriais (sobre todo Madrid, Barcelona e País Vasco) e o papel do SECTOR PRIMARIO na economía reduciuse.
- O SECTOR SERVIZOS tamén sufriu unha importante transformación á vez que tivo un intenso crecemento: O aumento de poder de compra dos españois fixo que crecesen comercio, transporte, etc (simbolizado polo mítico 600, o primeiro coche de millóns de españois). Pero o subsector que máis creceu foi o turismo que, xunto co investimento estranxeiro e as remesas dos emigrantes(o diñeiro que enviaban a España desde o seu lugar de traballo, sobre todo Francia, Alemaña e Suíza), foron os factores fundamentais do crecemento. Estes tres factores compensaban a balanza de pagos. Paralelamente creceu a CONSTRUCIÓN (vías de comunicación, cidades, urbanismo salvaxe para o turismo,..)
Efectos da nova orientación económica sobre a poboación, a economía e a política.
Nun primeiro momento a economía española experimentou varios efectos negativos (conxelación de salarios, aumento de impostos, moito paro, peche de empresas), o que acelerou a emigración exterior (fomentada polo Estado), -> Mais esta recesión durou pouco e pronto chegaron os efectos positivos: permitiu sanear a economía española para aproveitar a boa conxuntura económica internacional: contención da inflación, aumento das exportacións, expansión económica, aumento dos investimentos estranxeiros e do turismo.
En xeral nos anos 60, nunha conxuntura internacional favorable,conseguiuse un crecemento intenso e prolongado da economía español e baseouse en 3 piares: inversións estranxeiras en industria (baixos salarios, facilidades do Estado, Citröen Vigo), turismo (de sol e praia, que comeza a ser masivo) e remesas de emigrantes(Máis de dous millóns de españois emigraron de España para traballar en Europa entre 1950 e 1975)
Como di Rostow "España conseguiu todo á vez" en referencia á industrialización completa, á modernización da economía, á aparición da sociedade consumista (pois sube a renda per cápita) e ao achegamento no desfasamento con respecto a Europa. En dez anos, España situouse entre as dez potencias industriais do mundo e coñeceu taxas de crecemento superiores ao resto dos países (crecemento do PIB), situándose dentro dos cinco países do mundo con mellores resultados económicos durante eses anos. A este gran crecemento denominóuselle "O milagre español". Pasamos de ser unha sociedade rural a ser unha sociedade desenvolta postindustrial. Certo é que partiamos dun nivel previo moi inferior ao resto da nosa contorna.
En canto aos ASPECTOS NEGATIVOS:
- Ademais do excesivo peso estranxeiro, debemos apuntar o aumento dos desequilibrios sectoriais e, sobre todo, territoriais, o excesivo proteccionismo que aínda quedaba prexudicando a produtividade e a competitividade, a dependencia das importacións en materias primas, fontes de enerxía e tecnoloxía... iso fixo que a crise do 73 fose máis forte en España e, sobre todo, que seguísemos á cola dos países occidentais. É dicir, perpetuábase o modelo de desenvolvemento de país mediterráneo
- O crecemento económico é desigual e non é suficiente para proporcionar emprego á poboación polo que se produce unha forte corrente migratoria tanto do campo ás grandes cidades e áreas industriais (éxodo rural a Madrid, Barcelona e Bilbao) como a Europa (Alemania, Suiza,...).: Desigualdades no reparto da renda; Bolsas de pobreza; Grandes contrastes territoriais entre áreas industrializadas e zonas atrasadas; Insuficiencia dos servizos públicos
- Urbanismo: O rápido crecemento das cidades provocará a falta de vivendas, a especulación do solo, e a aparición de fenómenos de chabolismo nos suburbios urbanos; e o turismo de costa desenvolverá un urbanismo salvaxe (“marbellismo”).
· Escándalos motivados pola especulación, fraudes na construción, malversación de créditos estatais, etc. nos que se verán implicados prebostes do réxime (caso Matesa).
* CONSECUENCIAS SOCIAIS: OS CAMBIOS SOCIAIS E NAS MENTALIDADES:
O desenvolvemento económico, as influenzas estranxeiras (do turismo e a emigración) e o impactodos medios de comunicación de masas (radio, prensa, tv) transformou á sociedade española, que pasou de rural a urbana, industrializada e consumista, unha sociedade cunha mentalidade máis moderna que comeza a asemellarse á sociedade europea.
- Cambios na estrutura social e nos sectores de actividade: Descende a poboación agraria (pola emigración a Europa e o éxodo rural) e crece o número de obreiros da industria e servizos.
A clase media convértese en maioritaria (profesionais liberais, funcionarios e asalariados).
- Incrementase o consumismo e prodúcese a mellora xeral do nivel de vida: cambios na alimentación, melloras na hixiene e sistema de saúde (Seguridade Social), primeiros electrodomésticos (neveiras, lavadoras, televisión), automóbil para a clase media (o seiscentos), vacacións pagadas (veraneo), acceso á saúde e a seguridade social.
- Cambios demográficos: A mellora do nivel de vida fai descender a mortalidade, polo que crece a poboación
- Novas pautas de comportamento social que debilitaron os apoios a Franco, pois as actitudes menos intransixentes na sociedade chocaban co inmobilismo político:
Aparece unha cultura á marxe e oposta ao réxime: moda e estética (hippies), música (rock, cantautores), moral sexual (impacto do bikini).
A progresiva incorporación da muller ao mundo do traballo e a súa formación modificou o seu papel na sociedade
Transformacións secularizadoras, Moitos españois empezaron a distanciarse da Igrexa
3ª ETAPA: CRISE ECONÓMICA E AGONÍA DO FRANQUISMO(1973-1975):
En 1973 estala unha crise mundial debido á subida vertixinosa dos prezos do petróleo. Os efectos foron moi importantes, paro e inflación.
CONCLUSIÓN: Ademais a esta crise económica uniuse coa crise política (agonía de Franco e do franquismo-->Transición