Ir ao contido principal

Comentario 18

Requisitos do completado

Fuero de los Españoles (17 de xullo de 1945):

“Art. 1.-O Estado español proclama como principio reitor dos seus actos o respecto á dignidade, a integridade e a liberdade da persoa humana, recoñecendo ao home, en canto portador de valores eternos e membro da comunidade nacional, titular de deberes e dereitos (…). 

Art. 2.-Os españois deben servizo fiel á Patria, lealdade ao Xefe do Estado e obediencia ás leis (…). 

Art. 6.-A profesión e práctica da relixión católica, que é a do Estado español, gozará da protección oficial. Ninguén será molestado polas súas crenzas relixiosas nin o exercicio privado do seu culto. Non se permitirán outras cerimonias nin manifestacións externas que as da relixión católica (…). 

Art. 10.-Todos os españois teñen dereito a participar nas funcións públicas de carácter representativo, a través da familia, o municipio e o sindicato (…). 

Art. 12.-Todo español poderá expresar libremente as súas ideas mentres non atenten contra os principios fundamentais do Estado”.


Última modificación: mércores, 26 de marzo de 2025, 6:28 PM