Alocución radiada do xeneral Franco (18 de xullo de 1936), na que xustifica a rebelión contra e República:

“A situación de España é cada día máis crítica; a anarquía reina na maioría dos seus campos e vilas; autoridades de sona gobernativa presiden, cando non fomentan, as revoltas; a tiro de pistola e metralladoras dirímense as diferenzas entre os cidadáns (…), sen que os poderes públicos impoñan a paz e a xustiza. Folgas revolucionarias de toda clase paralizan a vida da Nación (…). Os monumentos e tesouros artísticos son obxecto do máis asañado ataque das hordas revolucionarias, obedecendo a consigna que reciben das directivas estranxeiras, coa complicidade e neglixencia dos gobernadores (…). Ao espírito revolucionario e inconsciente das masas, enganadas e explotadas polos axentes soviéticos (…), únese a neglixencia de autoridades de todas clases (…). A Constitución, por todos suspendida e vulnerada, sofre unha eclipse total: nin igualdade ante a lei, nin liberdade (…), nin unidade da patria, ameazada pola esgazadura territorial (…). ¿É que podemos abandonar a España aos inimigos da patria, con proceder covarde e traidor, entregándoa sen loita e sen resistencia? ¡Iso non! Que o fagan os traidores, pero non quen xuramos defendela”.


Última modificación: venres, 7 de marzo de 2025, 2:05 PM