16. As grandes reformas da Segunda República
Os seguintes documentos permítennos elaborar unha composición de texto histórico sobre as reformas da Segunda República establecidas durante o bienio reformista (1931- 1933).
Trala proclamación da Segunda República, covócanse eleccións a cortes constituíntes, que deron a maioría ós grupos pro-reformistas dos partidos centristas republicanos e PSOE. Como presidente do goberno os parlamentarios escollen a Niceto Alcalá Zamora. Aproban a Constitución de 1931, que definía a España como un estado democrático, laico, cun presidente de República, un goberno responsable ante o Congreso, sufraxio universal total e cunha estrutura do territorio unitaria con posibilidade de estatutos de autonomía. Comeza así o denominado bienio reformista debido as importantes reformas realizadas que pretendían transformar e modernizar as estruturas sociais, políticas e económicas herdadas da Restauración e se atoparan coa oposición dos grupos oligárquicos que detentaban dito poder. Ademais, estas reformas veranse afectadas pola conxuntura económica da II República, condicionada polo crack do 29, que dificultó a obtención de fondos para a súa financiación.
Algunhas das reformas comezaron durante a etapa do Goberno Provisional, antes da aprobación da Constitución: reforma militar de Azaña, Reforma educativa coa contratación de profesorado.
A primeira das reformas coñecida como reforma educativa e do clero impulsada polo caracter laico do Estado español establecido pola Constitución estabvlece por primeira vez na Historia de España a separación da Igrexa e o Estado. Dita reforma supón a extinción do Concordato de 1851 o que supón afirmar a non confesionalidade do estado, deixando de subvencionar á Igrexa, aprobar a liberdade de cultos, o divorcio e o matrimonio civil. No plano educativo prohibiron o ensino ás ordes relixiosas e apostaron por modernizar os métodos pedagóxicos, investir na formación de profesores laicos e construír numerosas escolas públicas primarias para alfabetizar á poboación (todo isto en relación coa liña pedagóxica de Giner de los Ríos ou Ferrer i Guardia; destaca tamén o compromiso de La Barraca de Lorca pola difusión da cultura). Todo isto provocou a crispación do clero.
A reforma militar aprobada por Manuel Azaña como Ministro da Guerra na etapa do Goberno Provisional, consistía nunha reestruturación do exército e súa subordinación ao poder civil. Debido a que durante a ditadura de Primo de Rivera se promocionaron os ascensos tanto por méritos como por antigüidade, a estrutura adoecía dunha macrocefalia excesiva facéndoa inoperante e terriblemente cara. Lei de Retiro da Oficialidade: Paso á reserva co salario íntegro dos oficiais que non xurasen a súa adesión á República. Suprimiuse a Academia de Formación de oficiais de Zaragoza (para non favorecer o incremento de novos oficiais). Por temor, o goberno non se atreveu a suprimir a Garda Civil e para realizar funcións de policía urbana e protectora da República, preferiu crear os Gardas de Asalto. Finalmente derrogan a Lei de xurisdición de 1906. Esta reforma provocou a crispación de moitos sectores do exército, sobre todo ós africanistas.
O goberno tamén plantexou a necesidade de levar a cabo unha reforma agraria retomando as pretensións ilustradas do século XVIII de tratar de resolver os graves problemas do campo español, que non lograron arranxar os liberais cos seus procesos desamortizadores. No momento no que se promulga a reforma, presentábase unha estrutura latifundista, caracterizada pola abundancia dos xornaleiros sen terras. A lei de Bases da Reforma Agraria, complementada coa Lei de Intensificación de Cultivos e coa creación do Instituto de Reforma Agraria, plantexaba a expropiación con indemnización das terras non productivas dos terratenentes e sen indemnización, das terras dos Grandes nobres de España. O principal obxetivo era a creación dunha clase media campesiña que tributase e consumise. Con todo isto, os terratenentes perden o poder social sobre os xornaleiros, polo que comezan a intentar entorpecer o proxecto mediante os seus deputados. Os xornaleiros, desesperados ante a pouca repercusión da reforma, falta de financiación, introdúcense na doutrina política do anarquismo na defensa dunha mellora da súa precariedade. A tensión faise evidente no golpe de estado de Sanjurjo (1932) que malia o seu fracaso axiliza a reforma, ou na Matanza de Casas viejas, unha insurrección levada a cabo polos xornaleiros anraquistas que obtivo como resposta unha rápida represión por parte da República. Consecuentemente, esta reforma non enfada unicamente aos propietarios das terras, senón tamén aos xornaleiros, pola escaseza de cambios e a severidade da represión costandolle a República o apoio da CNT-FAI nas seguintes eleccións.
A reforma da estrutura territorial do Estado pretendía conceder estatutos de autonomía as denominadas nacionalidades históricas descentralizando a administración do Estado. Os cataláns lograrán obter o seu estatuto en 1932 (anulado durante o bienio antireformista e reposto polo goberno do Fronte Popular). Os vascos tardan en obter o seu estatuto, pois o que propoñen inicialmente o PNV e os carlistas non foi aceptado por antirrepublicano o cal conseguirán en 1936. En Galicia, tardase moito en elaborar o seu estatuto de autonomía e cando os deputados do Partido Galeguista o presentan en 1936 (foi Castelao o encargado) non chega a ser confirmado polas Cortes debido ao inicio da Guerra Civil. Os estatutos de autonomía desaparecerán co estado hipercentralista do franquismo e volverán a negociarse e aprobarse coa Constitución do 1978.
Finalmente a reforma social de Largo Caballero (secretario xeral do PSOE e UXT) tratou de mellorar a situación dos obreiros fomentando reformas nas negociacións dos contratos de traballo decretando seguros sociais e favorecendo a actividade dos sindicatos coa Lei de Xurados Mixtos, que establece estes tribunais de arbitraxe formados por empresarios e obreiros para dirimir cuestións laborais, fortalecendo o poder de negocación colectiva dos sindicatos. Estas reformas non chegaron a contentar ós obreiros e xornaleiros, que protagonizn numerosa folgas, pero molestaron moito ós empresarios e terratenentes. A posta en práctica de todas estas reformas atópase limitada pola inestabilidade política presente durante a república, e pola oposición da oliarquía acostumada a exercer o poder e o control e optará por organizarse electoralmente. Destacará a CEDA de Gil Robles, que aglutinará aos católicos e afonsinos descontentos, e o primeiro partido fascista FE y de las JONS de J. A. Primo de Rivera.
En 1933 Alcalá Zamora disolverá as cortes e convococará eleccións que gaña o bloque antirreformista, debido a unidade dos católicos, o sufraxio universal total, o abstencionismo anarquista derivado de Casas Viejas e a lentitude do proceso reformista. Iníciase así o denominado Bienio antirreformista ou negro, dominado polo PRR de Lerroux e a CEDA, cuxa principal tarefa foi abolir dito proceso reformista. En febreiro de 1936 unha nova coalición chamada a Fronte popular integrada polos reformistas e o PSOE e obten a vitoria coa proposta de volver a poñer en funcionamento o proceso reformista iniciado en 1931 e unha amnistía para os represaliado no bienio anterior (destacan os sucesos de outubro de 1934 e a folga de Cataluña). Neste momento, os sectores que se sentiron agraviados deciden abandonar a loita electoral e organizar un golpe militar en conexión co contexto Europeo de desprestixio dos rexímenes liberáis parlamentarios e auxe dos totalitarismos. Neste momento, xa cesado Alcalá Zamora, o executive está integrado por Manuel Azaña como Presidente da República e Casares Quiroga como Presidente de goberno. A modo de conclusión podemos afirmar que o 18 de xullo de 1936 o golpe encabezado por Sanjurjo, Mola e Franco e apoiado por sectores como a Igrexa, os afonsinos, os carlistas, os falanxistas, os terratenentes, o mundo financiero e industrial, así como por unha gran masa de pequenos propietarios agrícolas e católicos, e que fracasará levando a España a unha cruenta Guerra civil, ten como aglutinante non tanto un proxecto político común, xa que as súas propostas eran ideolóxicamente heteroxéneas e oscilaban desde unha ditadura militar republicana de Mola ata a restauración borbónica de Gil Robles, senón paralizar o proxecto reformista iniciado en 1931

![]()