Composición 11
Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre o movemento obreiro. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos á expansión do movemento obreiro no Sexenio, á crecente influencia da AIT e aos principios defendidos polas ideoloxías obreiras anarquista e socialista.

Doc. 1. Mensaxe enviada polas asociacións obreiras de Cataluña ao Terceiro Congreso da Asociación Internacional de Traballadores de Bruselas en setembro de 1868:
“Encadeadas despois de longo tempo por un poder despótico, as sociedades obreiras de España envían un saúdo cordial ós seus irmáns do resto de España. O momento presente non é moi favorable ás asociacións. Non obstante […] en Cataluña e en Andalucía as asociacións obreiras desenvólvense pouco a pouco […]. Os obreiros españois están dispostos a loitar cos seus irmáns contra esa formidable asociación do Exército, do Trono e do Altar, para establecer ao fin, sobre bases sólidas, a paz, a xustiza e o traballo”.
Doc. 2. Manifesto da Federación Rexional Española aos traballadores españois, Madrid, 31 de xaneiro de 1872.
“O noso lema non pode ser máis claro nin terminante: NON MÁIS DEREITOS SEN DEBERES; NON MÁIS DEBERES SEN DEREITOS Ou noutros termos: O QUE QUEIRA COMER QUE TRABALLE Este é o socialismo que proclama a Internacional, cuxas dúas afirmacións principais son: en economía, o colectivismo; en política, a anarquía. O colectivismo, é dicir, a propiedade común dos instrumentos do traballo, utilización dos mesmos polas colectividades obreiras que os fagan directamente producir, e propiedade individual do froito íntegro do traballo de cada cal. A anarquía, é dicir, a abolición dos gobernos, ou sexa a súa conversión en simples administradores dos intereses colectivos”.
Doc. 3. Informe da agrupación socialista madrileña ante a Comisión de Reformas Sociales, 1884.
“Queredes de boa fe favorecer a clase traballadora? Recoñecédelle os dereitos políticos; permitídelle a libre emisión
das súas ideas, a asociación en defensa dos seus intereses, a libre acción política, nunha palabra. Reservádevos en
boa hora, o dereito de manter pola forza a orde pública. Nós, que sabemos que toda revolución vai precedida dunha
evolución máis ou menos rápida, pero sempre longa, coidaremos de non vos dar o gusto de que resolvades pola
forza o que non podedes alcanzar coa razón. Quedaremos citados para a batalla final. Entre tanto, viviremos dentro
da legalidade, limitada só pola necesidade da orde pública; loitaremos pacificamente na prensa, nos comicios, nas
asembleas. Compararemos pacificamente intereses con intereses, doutrina con doutrina. Veremos cales triunfan na
opinión pública, na conciencia social”.