España experimentou un desenvolvemento industrial tardío e incompleto. Entre os factores que lastraron o despegue industrial están a febleza do mercado interior derivado das baixas rendas campesiñas, a falta dunha burguesía emprendedora; a carencia de excedente de capital e o emprego deste na compra de terras en lugar de dirixilo ao investimento industrial; a dependencia tecnolóxica e enerxética do exterior e un proceso político convulso pouco propicio para o desenvolvemento económico.

Desigualdade territorial. Entre as principais características da industrialización española están o mencionado forte desequilibrio territorial e rexional de zonas atrasadas e zonas desenvolvidas (País Vasco e Cataluña) 

Cataluña constituiu a principal zona industrial de España onde o desenvolvemento téxtil propiciou a diversidade industrial  co crecemento doutros secores: metalurxia, química para máis tarde, cara finais do século desenvolver a industria papeleira así como as relacionadas coa transformación de productos agrarios. Cataluña constituiu o caso máis temperá e completo de industrialización en España.

 Cataluña foi a principal zona de producción téxtil de España. En Cataluña xa existía unha vella tradición artesanal (as indianas ou estampados de algodón das Manufacturas Reais), a finais do século XVIII e principios do XIX produciuse unha renovación considerable no sector dos tecidos: aumento das importacións de algodón, proceso de mecanización do fiado e tecido (introducción das máquinas de vapor), reinvestimento dos capitais. O crecemento e fortalecemento da industria téxtil catalana explícase, por outra banda, polo seu predominio, case en exclusiva, do mercado interior español (a industrial téxtil galega tradicional, baseada no liño, non puido facer competencia ó algodón, mentres que as fábricas de tecidos doutras partes do país tampouco puideron rivalizar con Cataluña) e do cubano (ata 1898)

Siderurxia. 3 focos:

       1) No caso andaluz, o uso de carbón vexetal para o proceso de fundición dos fornos de Málaga e Marbella encareceu o prezo final do ferro forxado convertindoo en pouco competitivo.  Mediados século XIX.

  1. No caso asturiano a presenza de carbón, moi protexido polo Estado, daría lugar aos altos fornos de Duro Felguera. Porén o prezo de explotar o carbón asturiano era alto polo que a longo prazo non podía competir do carbón inglés. 1870-1885

  2. No caso vasco, a relación con Inglaterra foi clave ao intercambiar o ferro das minas de Somorrostro en Bilbao con carbón galés. Esta relación comercial permitiu potenciar o sector naval. Outro sector que se localiza no Pais Vasco é o relacionado coa metalurxia de trasnformación e a industria de explosivos. A súa vez a presenza de sectores moi demandantes de capital favoreceu a creación dun sector financiero moi potente ( Banco de Bilbao, Banco de Vizcaya..) 1885-

En Galicia o panorama industralizador é pobre debido a competencia doutras zonas. O liño non resistiu a competencia do algodón e foi desaparecendo mentres que a salgadura da pesca deu lugar a unha importante industria conserveira de peixe. Cabe destacar tamén a construcción naval.

O FERROCARRIL

A súa introducción en España foi tardía 1848, nun pequeño tramo entre Barcelona e Mataró.

A Lei xeral de ferrocarrís de 1855 viu a poñer orde no proceso de adxudicación da construción e explotación dos tramos de vía o que impulsou o investimento cara este sector tanto de capital interior como estranxeiro. permitiu a importación de todo tipo de maquinaria e elementos mecánicos procedentes do estranxeiro.A desamortización de Madoz perseguía precisamente a obtención de recursos para financiar a construción deste medio de transporte. Deseñouse un trazado radial desde Madrid ata os puntos extremos da periferia cun ancho de vía maior que o europeo derivado das características orográficas do terreo que aconsellaron esta medida, ocasionando problemas á hora de unilas con trazados europeos, máis estreitos. A construción e explotación das liñas podía ser realizada polo Goberno ou por compañías privadas.

Para facilitar a construción dos ferrocarrís, o Estado concedía vantaxes aos inversores privados e para o seu financiamento contou con tres frontes de recursos: a subvención estatal, o capital dos accionistas e o líquido das obrigacions que emitían as propias compañías ferroviarias. 

O papel do ferrocarril no desenvolvemento económico de España é obxecto de controversia entre os historiadores. Para uns foi considerable pois, nun país con graves dificultades orográficas, permitiu a comunicación interior e facilitou o transporte de mercadorías. Para outros, os efectos foron inferiores dos que se podían esperar debido á mala política estatal que permitiu a importación de material ferroviario, con grave prexuízo para o desenvolvemento do sector siderúrxico español.


Última modificación: venres, 26 de xaneiro de 2024, 6:23 PM