Proclama da Xunta provisional de goberno de Madrid, 29 de setembro de 1868:

MADRILEÑOS: Constituída en nome do pobo a Xunta provisional de Goberno, o seu primeiro deber é dirixirvos a palabra. A dinastía dos Borbóns concluíu. […] Non embacemos a alegría do triunfo con ningunha desorde que enchería de xúbilo aos inimigos da Liberdade: que todos os veciños se organicen por distritos e vixíen porque nada manche a nosa gloriosa Revolución. Viva a Soberanía Nacional! Viva a Mariña! Viva o Exército! Vivan os xenerais que a conduciron á vitoria! Abaixo os Borbóns! Viva o Pobo Soberano! 


Última modificación: luns, 2 de decembro de 2024, 5:34 PM