A) Contexto

En maio e xuño de 1808, durante a Guerra de Independencia, numerosas vilas e cidades formaron Xuntas para enfrontarse ao ocupante francés. De composición moi variada, e controladas na maioría dos casos polas elites dominantes, representan unha nova concepción do poder revolucionaria no senso de non recoñecer a España oficial representada por Xosé I. En cada poboación xurdiu una xunta local. Para maior coordinación, as xuntas provinciais formaron a Xunta Suprema Central de España e Indias que exerceu o goberno de España e a dirección da guerra contra os franceses ata a súa autodisolución en 1810, nomeándose un Consello de Rexencia no seu lugar. Este convoca eleccións a Cortes Xerais.

B) Razóns para a convocatoria de Cortes

Xurdiu a necesidade de convocar unas Cortes Xerais e Extraordinarias para lexitimar a acción política ante o baleiro de poder, coñecer a vontade do país e implementar reformas. A maioría dos nobres e eclesiásticos trataban de restablecer o sistema político tradicional, pero os liberais eran conscientes da oportunidade presentada para unha transformación política que limitara o poder real e establecera unha Constitución baseada na soberanía da nación e separación de poderes. Estas Cortes reuníronse en Cádiz o 24 de setembro de 1810.

C) COMPOSICIÓN: Convócanse baixo a proclama da soberanía nacional e non se convocan por estamentos, senón por sufraxio universal masculino indirecto polo que xa queda establecida a ruptura co Antigo Réxime. Predominaron os deputados de clases medias (funcionarios e profesións liberais) aínda que tamén tiñan moito protagonismo os eclesiásticos e militares,.. a presenza da nobreza era escasa (menos do 8%) e a burguesía comercial apenas chegaba a un 4%. 

División ideolóxica en liberais e absolutistas: os partidarios de reformas profundas (os liberais), defensores dos dereitos dos cidadáns, da igualdade ante a lei e dunha monarquía limitada; e a dos defensores da monarquía tradicional (os absolutistas ou servís). A excepcionalidade marcada pola guerra contra os franceses, a ausencia do rei Fernando VII e as particulares circunstancias de Cádiz (un porto aberto ás influencias foráneas), explican en gran parte o peso ideolóxico dos sectores liberais nas Cortes. Os diputados que non puideron acudir, polo estado de guerra, foron substituídos por outros presentes en Cádiz (sobrerrepresentación dos liberais).

D) Obra lexislativa: Estas Cortes promulgaron numerosas leis e decretos nos que se eliminaban as estruturas e os fundamentos xurídicos do Antigo Réxime e se establecía un novo modelo político, administrativo, social e económico baseado nos principios do liberalismo, por iso eran considerados revolucionarios.

O primeiro acto das Cortes foi totalmente revolucionario ao asumir a soberanía nacional

 Ex. Aboliuse o réxime señorial; comezo da reforma agraria mediante a expropiación dos bens dos conventos suprimidos por Napoleón ou reparto dos terreos baldíos e comunais e limitación dos morgados; medidas próximas ao liberalismo económico (liberdade de comercio, suprime aduanas interiores e os gremios); liberdade de imprenta; abolición da Inquisición;....

E) Constitución: 

La constitución de Cádiz: una España reformada

O 19 de marzo de 1812 foi aprobada a primeira constitución española, “A Pepa”.Recollía o espírito e as ideas liberais que establecían un modelo político baseado na soberanía da nación, a participación da cidadanía a través do sufraxio universal masculino indirecto e a monarquía como forma de goberno, pero cun poder limitado pola Constitución. Establecíase unha ríxida separación de poderes, no que o poder executivo era exercido polo monarca (xefe de Estado e de Goberno); o poder lexislativo compartido entre as Cortes e o monarca, onde as leis eran elaboradas polas Cortes, pero promulgadas polo monarca, coa posibilidade por parte deste de exercer o dereito de veto suspensivo. As Cortes eran unicamerais.

Finalmente, o poder xudicial estaba en mans dos tribunais de xustiza coa posibilidade de realizar xuízos con xurado popular para determinados tipo de delitos. Aparecían, distribuídos ao longo do articulado da constitución, os dereitos e liberdades dos cidadáns, especialmente a liberdade de imprenta e de opinión; Fin dos privilexios estamentais: A igualdade de todos ante a lei e ante as cargas do Estado sexan estas fiscais (pago proporcional á riqueza) ou militares (servizo militar obrigatorio). Recoñecíase a propiedade individual como un dereito básico garantido polo Estado. Para asegurar a orde pública e a defensa das liberdades contémplase un corpo de seguridade, a Milicia Nacional. Ademais, declarábase a España como un Estado confesional católico. En síntese, trátase dun texto revolucionario no senso de alterar as bases políticas e sociais do Antigo Réxime, pero tamén facía concesións á tradición na declaración do Estado confesional.

F) Dificultades: Nin a Constitución nin as leis emanadas das Cortes tiveron una aplicación práctica polo estado de guerra no que se vivía e esta acción política era obra dunha elite, as masas populares influídas pola Igrexa consideraron estas reformas atentatorias contra a relixión e oscostumes tradicionais . Fernando VII, a súa volta, derrogou a Constitución e aobra lexislativa das Cortes de Cádiz, pero significou un referente e unha inspiración dos textos posteriores e o primeiro intento de implantar as ideas e o modelo político liberal en España.



Última modificación: venres, 10 de novembro de 2023, 6:59 PM