7. Os Decretos de Nova Planta e os seus efectos
Os Decretos de Nova Planta foron impostos por Felipe V de Borbón trala súa vitoria na Guerra de Sucesión (1714) e consistían na abolición dos privilexios forais da Coroa de Aragón, e polo tanto das unidades políticas que a conformaban (Aragón, Cataluña, Valencia e Baleares), castigadas polo seu apoio ao arquiduque Carlos, impoñendo as institucións e as leis de Castela. Estas reformar de carácter administrativo tiñan como obxectivo centralizar a administración e robustecer o poder da monarquía absoluta (iniciada en España baixo o seu reinado segundo o modelo da de Luis XIV) en detrimento dos privilexios forais dos diferentes territorios.
Filipe V coa introducción dos Decretos de Nova Planta implanta un modelo centralista decretando a desaparición dos reinos como tales e dos vicerreis; se compartimentan estes reinos en provincias a fronte das cales había un gobernador e un capitán xeral. Igualmente se decreta a anulación das Cortes de cada reino, desaparición de todos os foros, costumes e o uso exclusivo do castelán como lingua administrativa.
Neste caso o que fai é eliminar todos os elementos intermedios, unificar todo o territorio e unha uniformidade institucional, cunha excepción, non se amplía a uniformidade ás provincias vascas e navarras pola seu apoio a Felipe V no conflito de sucesión. Deste xeito, o novo monarca castigaba a falta de lealdade duns territorios que xuraron fidelidade a Felipe V no inicio do seu reinado.
Politicamente a desaparición dos privilexios forais dos territorios da antiga coroa de Aragón (Valencia e Aragón en 1707, Cataluña 1715) poñía fin ao modelo pactista de relación entre o monarca e eses territorios que durara tantos anos dende a chegada do Estado Moderno, a partir de agora pasarán a ser gobernadas polas leis castelás, máis proclives ó goberno real. Se antes esa pluralidade de territorios tiña como elemento común ao rei, agora o monarca daba un paso decisivo na liña de vertebrar un Estado-nación con institucións comúns a todos os territorios e onde o rei se poida impoñer sobre as institucións representativas do reino. Tan só permanecen as Cortes de Castela, pero incluso esta limitada a actos protocolarios.
A centralización reflectiuse tamén na organización territorial, militarizándose esta coa creación de provincias gobernadas por capitáns xenerais que veñen substituir ós vicerreis e que terán a xefatura militar da súa provincia e funcións administrativas e xudiciais. Aparece tamén a figura do intendente, funcionario con atribucións administrativas, xudiciais e de facenda, que supervisará os poderes locais e que eran nomeados polo monarca ou polo secretario de Estado. Polo que respecta á administración municipal estendeuse a figura do corrixidor.
A Reforma do modelo de Estado conclúe coa acumulación dos poderes na figura do rei e a introdución do sistema de secretarías á cabeza da cal estaba unha Secretaría de Despacho dirixida por funcionarios escollidos en función da súa preparación e non por privilexios e aos que pode botar cando queira (futuros ministros); este órgano subdivídise nas secretarías de Guerra, Mariña, Indias, Xustiza e Estado, e posteriormente tamén a de Facenda . Supresión dos Consellos, o único Consello que mantén a súa independencia é o de Castela, que pasou a ser o centro do goberno interior de España.
A chegada dos Borbóns a España supón a imposición dun modelo de monarquía absoluta e o nacemeto do Reino de España como unidade política.
Texto a revisar
Felipe V coa introducción dos Decretos de Nova Planta implanta un modelo centralista decretando a desaparición dos reinos como tales e dos vicerreis; se compartimentan estes reinos en provincias a fronte das cales había un gobernador e un capitán xeral. Igualmente se decreta a anulación das Cortes de cada reino, desaparición de todos os foros, costumes e o uso exclusivo do castelán como lingua administrativa. Neste caso o que fai é eliminar todos os elementos intermedios, unificar todo o territorio e unha uniformidade institucional, sen excepcións. Deste xeito, o novo monarca castigaba a falta de lealdade duns territorios que xuraron fidelidade a Felipe V no inicio do seu reinado. A chegada dos Borbóns a España supón a imposición dun modelo de monarquía pactista e o nacemento do Reino de España como unidade política.
Texto a comentar
«Considerando perder os reinos de Aragón e Valencia e todos os seus habitantes pola rebelión que cometeron, faltando enteiramente así ao xuramento de fidelidade que me fixeron como ao seu lexítimo Rei e Señor, todos os foros, privilexios, exencións e liberdades que gozaban e que con tan liberal man concedéranselles, si pola miña como polos señores reis os meus predecesores, nesta monarquía engádese agora a do dereito de conquista (...) e considerando tamén que un dos principais tributos da soberanía é a imposición e derrogación das leis (...)Xulguei por conveniente, si por isto como polo meu desexo de reducir todos os meus reinos á uniformidade dunhas mesmas leis, usos, costumes e tribunais, gobernándose igualmente polas leis de Castela, tan loables e plausibles en todo o universo, abolir e derrogar enteiramente (...) todos os referidos foros e privilexios, prácticas e costumes até aquí observadas nos referidos reinos de Aragón e Valencia, sendo a miña vontade que estes se reduzan ás leis de Castela (...).
Bo Retiro, a 29 de xuño de 1707».