A Galicia dos séculos XVI-XVII, ó igual co resto de territorios da Monarquía hispánica, presenta as características básicas do sistema feudal: sociedade estamental moi xerarquizada e con escasas oportunidades de ascenso social, desigual ante a lei e liderada por sectores privilexiados rendistas que son a nobreza e o clero organizados en señoríos territoriais e xurisdicionais sobre os seus feudos e viven fundamentalmente da cobranza de rendas ós campesiños que traballaban as terras destes. 

 

Desde finais do século XV, a alta nobreza galega residía na Corte e varios dos seus membros desempeñaron elevados cargos na administración. O absentismo da alta nobreza permitiu o auxe da fidalguía, un grupo que se converteu no dominante en Galicia no século XVII. 

 

Unha sorte de baixa nobreza que aparece durante o crecemento demográfico do XVI entre os grandes señores e os campesiños facendo de intermendiarios no cobro das rendas, aumentando o seu patrimonio e importancia social, visible nos seus pazos. Isto sucede xa que para moitos grandes señores todo o que supuxera evitar o traballo manual era dignificante, polo que arrendan esta xestión ós fidalgos.

 

 Pazo de Oca , El Versalles Gallego, Pontevedra , Galicia

A poboación galega, ó igual co conxunto peninsular, é nova, presentando unha esperanza de vida curta, ó redor dos 40 anos. Máis de 4/5 do total vive no ámbito rural, é analfabeta (as mulleres na súa práctica totalidade) e traballa nas labores do campo, xestionando unha economía agraria de subsistencia (importancia na exigua dieta das fariñas de trigo e centeo, o viño, verduras, carne no interior, pouco consumo de carne…) traballada co utis rudimentarios e con ausencia de fertilizantes e innovacións salientables. Estes condicionantes explican que dificilmente se xere un excedente unha vez os campesiños teñen que facer fronte á gran cantidade de tributos sobre o producido (dezmo eclesiástico) e ó pago das rendas forais. Estes pagos soíanse facer en especie. Debido a esta insuficiencia produtiva optaron por realizar outras tarefas complementarias ás agrarias na propia casa, coma o fiado de liño, ou decidiron emigrar a Castela, Portugal ou mesmo a América por un tempo curto ou definitivo.

 

 Esta situación muda a partires do século XVII cando se consolidan os cultivos de dous produtos americanos, millo e pataca, aumentando significativamente os niveis produtivos e as terras en labor, e con isto propiciando un crecemento poblacional que mitiga a crise demográfica do século XVII que afecta á toda a península. 

 

A importancia da pesca na Galicia litoral. A pesca litoral complementaba a dieta alimenticia das poboacións costeiras e a de altura potenciaba a economía grazas ás campañas da pesca do bacallau en Terranova, que permitía a súa venda nos mercados de Castela. Importante tamén foi a salgadura de peixe, especialmente da sardiña, en numerosas instalacións distribuídas ao longo de toda a costa galega. Como no caso da agricultura, as técnicas eran rudimentarias (de feito, as innovacións relevantes a nivel técnico e organizativo no terreo da pesca chega cos emprendedores cataláns no S XVIII, ca introdución da arte do arrastre e as fábricas conserveiras)

 Os gremios de mareantes, coma no caso de Pontevedra, chegaron a ter relevancia económica dentro da súa comunidade. Portos coma os desta cidade, Baiona, Vigo, Coruña… comerciaban con cidades costeiras españolas (Sevilla, Bilbao) e europeas coma Lisboa, Porto, Amberes, Rouen… exportando viños, sardiñas, polbos, pescadas, castañas, cítricos… ou importando cereais, aceite ou sal.

Pontevedra – Orígenes III (Del Medievo a nuestros días) | Por GaliciaBaixo

 

 As cidades eran moi pequenas, destacando Santiago de Compostela, polas súas funcións relixiosas, A Coruña, sede das institucións de goberno, e Pontevedra, en declive e relacionada coa pesca e salgadura da sardiña. As actividades artesanais e comerciais eran escasas, predominando a autarquía comarcal. Cómpre destacar a produción doméstica de tecidos de liño.


Texto a revisar 


Máis de 4/5 do total vive no ámbito rural, é analfabeta (as mulleres na súa práctica totalidade) e traballa nas labores do campo, xestionando unha economía agraria de subsistencia cunha tecnoloxía rudimentaria e escasos rendementos. Esta situación estáncase no século XVII, sen apenas cambios nas técnicas e nos cultivos, nunha situación semellante á do resto da Península, cun retroceso demográfico xeralizado.

Pola contra, na pesca, complementaria da dieta campesiña, vívense cambios significativos coa chegada de novas técnicas e innovacións organizativas coa introdución da arte do arrastre e as fábricas conserveiras. Aparece así unha pesca comercial de altos rendementos.

Gráfica a comentar


A poboación galega na Idade Moderna, evolución.


Galicia tiene hoy 130.000 jóvenes menos que en 1787 pese a doblar la  población de entonces

Última modificación: martes, 22 de outubro de 2024, 6:20 PM