3. A crise do século XVII: aspectos socio-económicos e políticos.
O século XVII está enmarcado durante o reinado dos chamados Austrias menores (Felipe III, Felipe IV e Carlos II).
A crise económica e demográfica comeza xa no último cuarto do século XVI e responde a unha explicación multicausal: por un lado, o gasto suntuario da Corte, a política imperial de Carlos I e as campañas bélicas deste e o seu fillo Felipe II no exterior, obsesionados por aparecer coma os líderes universais da cristiandade, debilitan fondamente á Facenda real; recordemos que en 1556 declárase a bancarrota. Por outro lado, a chegada masiva de metal precioso de América (ouro e sobre todo prata) ten como consecuencia un aumento exponencial da moeda circulante, o que incide na brusca subida da inflación. Asemade o clero e a nobreza non invirten as súas ganancias en sectores innovadores como o comercio ou a industria e a burguesía non o foi o suficientemente numerosa nin forte e tendía a imitar os modelos rendistas dos estamentos privilexiados.
Os conflitos con países europeos cunha economía máis potente (Inglaterra, Provincias Unidas) provocará a redución das exportacións peninsulares (a guerra textil), isto sumado as derrotas en Europa, a emigración cara América, a peste atlántica, as malas colleitas e a expulsión dos Mouriscos (campesiños na súa maioría con especial impacto na zona de Valencia) por Filipe III en 1609 desembocarán nunha crise económica que terá efectos adversos na estrutura demográfica, estancándose a poboación nuns 7,5-8 millóns de persoas durante o período sinalado. Cabe sinalar que neste século o proceso de perificación da Península se completa e a introducción de novos cultivos procedentes de América permite mitigar no noroeste en parte os efectos desta crise económica e demográfica.

Esta crise tivo no seu impacto na política e destaca a tentativa reformadora do conde-duque de Olivares, valido de Felipe IV de Habsburgo (1621-1665). Olivares redactou o Gran Memorial, onde lle mostraba ó Rei os males que aqueixaban a unha Monarquía hispánica en crise, e propoñía solucións para acadar principalmente tres obxectivos: debilitar o poder político e social de nobreza e Igrexa, mellorar a economía incentivando a producción propia levando a cabo unha política mercantilista (intervencionista e proteccionista) co fin de activar un comercio interior e internacional, uniformizar administrativamente a Coroa a través de impoñer progresivamente a lei castelá nos diferentes territorios peninsulares e repartir o recrutamento de tropas e a recadación de tributos para facer fronte ás continuas campañas bélicas europeas no contexto da Guerra dos 30 anos (1618-1648); Olivares argumentaba que a aportación de homes e tributos debería ser proporcional á cantidade de poboación e á riqueza dos diferentes reinos (ata ese momento a Coroa de Castela sostiña todo o peso fiscal e militar e estaba esgotada). Iste proxecto foi coñecido coma a Unión de Armas. a creación dun exército permanente de 140.000 homes.
Estas medidas centralizadoras xeraron o rexeitamento dos territorios non castelás, o que tivo como consecuencia o estoupido da rebelión catalana e a independencia de Portugal en 1640, auspiciada por Francia e Inglaterra (lembremos que o país luso pertencía á Coroa hispánica dende 1580). No caso catalán, a rebelión xermina debido á obriga que tiña o principado de dar aloxamento ós soldados españois, en plena guerra con Francia no Rosellón. En xuño de 1640 produciuse unha sanguenta revolta en Barcelona, o
chamado Corpus de Sangue, na que foi asasinado o vicerrei. Os sublevados buscaron o apoio
de Francia, que enviou tropas que ocuparon o territorio catalán ata 1652. Finalmente Cataluña pacta con Felipe IV a fin da rebelión e a súa reintegración á Monarquía Hispánica a cambio de que o rei xurara a defensa dos sesu privilexios e instituciósn propias.
Paralelamente, en 1640 produciuse outra rebelión en Portugal (anexionada por Felipe II
en 1580) en contra do proxecto da Unión de Armas. Nese reino, engadíanse tamén un
rexurdimento do sentimento nacionalista luso ante a política de castelanización de Olivares, a
obrigada participación de soldados portugueses no conflito de Cataluña e as dificultades de
Felipe IV para protexer o Imperio portugués ante os ataques holandeses. A nobreza e a
alta burguesía promoveron a rebelión dirixida polo duque de Braganza, quen se proclamou rei
de Portugal. Os intentos por recuperar Portugal fracasaron e España debeu recoñecer
definitivamente a súa independencia en 1668.

A Guerra dos trinta anos e os seus enormes gastos foron moi perxudiciais para a Monarquía agrandando os problemas da facenda real (bancarrota en 1627) e marcaron o ocaso da hexemonía hispana en Europa coa Paz de Westfalia en 1648. Con este tratado e coa Paz dos
Pirineos(1652) Felipe IV tivo que recoñecer a independencia de Holanda e ceder diferentes territorios
a Francia, perdendo deste xeito España a hexemonía política e militar en Europa.
Cabe sinalar un intento da nobreza andaluza para rebelarse con Olivares por parte de Medina Sidonia. O valido, personalización de todos estes males, perde a confianza do rei i é afastado do poder en 1643. Pódese pensar que as medidas impostas polo Conde-duque non fructificaron, aínda que no século seguinte, os primeiros Borbóns recuperarán en parte a senda reformista e uniformizadora de Olivares.
Texto a revisar
Olivares redactou o Gran Memorial, onde lle mostraba ó Rei os males que aqueixaban a unha Monarquía hispánica en crise, e propoñía solucións para uniformizar administrativamente a Coroa a través de impoñer progresivamente a lei castelá nos diferentes territorios peninsulares e repartir equitativamente o recrutamento de tropas e a recadación de tributos para facer fronte ás continuas campañas bélicas europeas. Olivares argumentaba que a aportación de homes e tributos debería ser a mesma por cada reino (ata ese momento a Coroa de Castela sostiña todo o peso fiscal e militar). Iste proxecto foi coñecido coma a Unión de Armas.
As dúas últimas medidas sinaladas xeraron o rexeitamento dos territorios non castelás, o que tivo como consecuencia o estoupido da rebelión portuguesa e a independencia de Cataluña en 1640,
Texto a comentar
Memorial secreto do Conde Duque de Olivares
Teña a VM polo negocio máis importante da súa Monarquía, o facerse Rei de España: quero dicir, Señor, que non se contente con ser Rei de Portugal, de Aragón, de Valencia, Conde de Barcelona, senón que traballe e pense (...) como reducir estes reinos de que se compón España, ao estilo e leis de Castela sen ningunha diferenza (...) que se VM o alcanza, será o Príncipe máis poderoso do mundo.
Gráfica a comentar
Chegada de metais preciosos procedentes de América

La actuación de la Real Hacienda. Junto a los metales preciosos de las Indias, Carlos I obtuvo sus ingresos de Italia y Países Bajos hasta que estos quedaron exhaustos, pasando a tomar el relevo Castilla (sin apenas Cortes). Sin embargo su déficit crónico hizo que, en ocasiones, se incautara todo el oro y plata que llegaban a Sevilla, y se recurriera a la deuda en forma de Juros (con particulares a largo plazo) o Asientos (con los banqueros reales que poco a poco comenzaron a apoderarse de las fuentes de ingreso de la corona). Las finanzas estuvieron casi siempre dominadas por extranjeros, dominados primero por los banqueros alemanes del Emperador (los Fugger y Welser), y luego los genoveses. Olivares trató de emplear a marranos portugueses, pero seguía siendo insuficiente. Solo en la segunda mitad del XVII vuelven los castellanos ante la retirada de los genoveses
Felipe II , que recibió el imperio junto a la bancarrota, robusteció la Hacienda haciendo tributar al clero, doblando la alcabala, y recuperando el monopolio de la sal. Los enormes recursos se emplearon en la política exterior, pero con unos gastos creciendo más que los recursos resultaban insuficientes. Con Felipe III la crisis hacendística quedó estabilizada, gracias al periodo de paz, aunque se inició una práctica influirá muy negativamente en la economía (la acuñación en cobre para el mercado interior y el resello que duplicaba el valor nominal de las monedas, acabando con la moneda fuerte de los primeros Austrias y produciendo claros efectos inflacionarios, (Bennassar, Trevor Davies)
La política agresiva del Conde-duque unida a un descenso de la plata americana (falta de mano de obra, corsarios) y el lujo de la corte (Trevor Davies) agudizó los problemas. Se vendieron pueblos y cargos, se gravaron todos los artículos de consumo, se volvió a producir emisiones de mala moneda y se bajó el interés de los Juros, todo lo cual ayudó a reactivar la inflación que se acompañó con malas cosechas. El gran mal producido por la alteración monetaria acabó durante el reinado de Carlos II, en 1680, con la drástica deflación monetaria. Los resultados se sentirían en la recuperación del siglo siguiente