2. A configuración do Imperio español no século XVI
A configuración do Imperio español ten lugar durante os reinados dos Austrias Maiores, Carlos I e Felipe II.
Carlos de Habsburgo, neto dos RRCC, vai herdar o trono da Monarquía hispánica en 1516, á idade de 16 anos, completando así unha enorme unión dinástica iniciada polos seus avós:
- Da súa nai Xoana recibe: Castela e Aragón, territorios en Italia, África e América.
- Do seu pai Felipe o Fermoso recibe: Borgoña, Flandres, O Franco Condado e Luxemburgo da súa nai e Austria e o dereito a ser emperador alemán do seu pai (Maximiliano I).

Carlos ó ser elixido Emperador do Sacro Imperio en 1519 desenvolverá a idea de que é a cabeza da Universitas Christiana e defensor fidei, unha especie de emperador universal que defende os intereses do papado e da cristiandade en xeral. Iso o levará a involucrarse nas guerras de relixión en Alemaña contra os príncipes protestantes que apoiaban a reforma de Lutero. Este conflicto foi longo e custoso, Carlos derrota ós protestantes na batalla de Mülberg en 1547 pero na paz de Ausburgo (1555) o emperador concede que os súbditos de cada príncipe deben convertirse á relixión deste. Isto supoñía, na práctica, o triunfo do protestantismo en case a metade de Alemaña e o fracaso definitivo da idea de unidade relixiosa no
continente.
A este imperio formidable enfróntanse tamén rivais externos: O Imperio Otomán no Mediterráneo, e Francia principalmente na zona de Italia(Batalla de Pavía e anexión de Milán). Unha alianza papal con Francia xenerará que Carlos saquee Roma en 1527 (Il Sacco di Roma). Carlos se verá obrigado a constantes, lonxanas e custosas guerras.
Castela será o reino máis perxudicado por unha política de gasto descontrolado, pero Castela foi derrotada polo rei na Guerra das Comunidades (1520-22) e tras da cal este impuxo o seu poder de forma incontestada, gobernando coma un monarca autoritario.
Entre 1555-56, Carlos I abdicou deixando ao seu fillo Filipe II a maior parte dos seus reinos, agás os territorios austríacos (xa que o trono imperial alemán cedeuse ao irmán de Carlos, Fernando).. ->Filipe II personalizará un modelo de autoritarismo monárquico máis perfeccionado. A
diferencia do seu pai, gobernará dende Castela, creando unha capital estable: Madrid (1561). Para
gobernar valeuse dun poderoso exército permanente e dunha complexa administración que dirixiu
personalmente.
Durante o seu reinado a herdanza recibida foi aumentada e sufriu modificacións sostendo numerosas guerras para manter a súa hexemonía en Europa e defender a ortodoxia católica(na liña da política exterior do seu pai) ,especialmente contra Francia, os ingleses e os holandeses, e os otománs ou turcos no Mediterráneo. Entre os acontecementos destacan:
-Incorpora Portugal nas cortes de Tomar (1581). A integración de Portugal significou, ademais da unidade dinástica peninsular,a incorporación do seu enorme imperio con posesións en África, Asia e América. Para lograr ser recoñecido como rei, Filipe II prometeu respectar as leis e institucións portuguesas.

-Derrota á monarquía francesa (victoria de San Quintín 1557),
-Derrota aos turcos otománs (victoria de Lepanto 1571)
-Combaterá ós protestantes calvinistas das rebeldes Provincias Unidas de Flandres. A rebelión nos Países Baixos (Flandres) foi un dos principais conflitos: En 1566 comezou
nos Países Baixos unha rebelión contra Felipe II na que se mesturaban causas políticas
(resistencia dos poderes locais ante o autoritarismo do rei e desexos nacionalistas),
económicas (presión fiscal) e relixiosas (expansión do calvinismo fronte a intolerancia católica
de Felipe II que pretendeu introducir a Inquisición nestes territorios), actuando ademais a
fame e miseria das clases populares como detonante. Felipe II respondeu, nun primeiro
momento, con medidas de forza, enviando ao Duque de Alba. Este exerceu unha severa
represión, axustizando aos líderes da rebelión, o que propiciou un levantamento xeral. Tras
un longo enfrontamento, en 1579 o sur dos Países Baixos, o Flandres católico (Union de
Arras), aceptou a autoridade de Felipe II, fronte o norte (Provincias Unidas encabezadas
por Holanda na Unión de Utrecht, maioritariamente calvinistas), acaudillado por Guillermo de
Orange, que continuou a rebelión ata chegar a unha independencia de facto.
-Guerra contra a monarquía anglicana inglesa de Isabel I, quen pirateaba o comercio con América e non aceptaba a exclusividade do continente para España e Portugal.
En 1588, Felipe decide enviar unha poderosa flota, a chamada Armada Invencible, composta por 127 navíos á costa inglesa. A Gran Armada prevía recalar en Flandres para incorporar aos Terzos na invasión de Inglaterra, o que permitiría o seu desembarco e avance cara a Londres. A operación militar fracasou debido ás malas decisións do seu comandante e aos temporais. Marcou para algúns historiadores o comezo da decadencia na política exterior hispana, que viña acompañada das quebras da coroa (non podía pagar os préstamos).
A chegada de ouro e prata de América provocou unha alteración dos prezos (inflación) en España e arruinou ós productores locais e alimentou a idea de que o traballo manual era innobre. As enormes remesas de metais preciosos non foron suficientes para afrontar os gastos derivados das campañas bélicas.
O esgotamento financeiro e militar obrigou a Felipe II a buscar a Paz con Francia, recoñecer a quebra de Facenda (3 bancarrotas durante o seu reinado) e ceder a soberanía dos Países Baixos, como dote, á súa filla Sabela Clara Uxía, pero, ó morrer sen descendencia, volveron á Coroa española.
Pese ó poder formal de Felipe II, daráse paso a un século XVII dominado pola idea de atraso económico, decadencia e crise, o dos Austrias Menores.
Texto a revisar
Entre 1555-56, Carlos I abdicou deixando ao seu fillo Filipe II a maior parte dos seus reinos, agás os territorios austríacos (xa que o trono imperial alemán cedeuse ao irmán de Carlos, Fernando). Durante o seu reinado a herdanza recibida foi diminuíndo e sufriu modificacións sostendo numerosas guerras para manter a súa hexemonía en Europa e defender a ortodoxia católica (na liña da política exterior do seu pai) ,especialmente contra Francia, os ingleses e os holandeses, e os otománs ou turcos no Mediterráneo. Felipe II (1556-1598) personalizará un modelo de autoritarismo monárquico máis perfeccionado. A semellanza do seu pai, gobernará dende Castela, creando unha capital estable: Madrid (1561). Para gobernar valeuse dun poderoso exército permanente e dunha complexa administración que dirixiu personalmente.
Texto a comentar
Reivindicacións dos comuneiros
Que o rei non poida sacar nin dar licenza para que se saque ningunha moeda do reino, nin pasta de ouro nin de prata, e que en Castela non poida circular nin valer ningunha moeda de vellón que non fose fundida e marcada no reino. (...)
Que o rei revoque e quite todos os oficios, beneficios, dignidades, encomendas e fortalezas que foron dados a persoas non nacidas neste reino, e que as dea aos naturais (...). Que cando alguén teña que suceder no reino, antes que sexa recibido por rei (...) xure gardar a todas as cidades e vilas da Coroa todos os seus privilexios e que os xure antes de ser recibido por rei.
Gráfica a comentar
A revolución dos prezos
O ouro africano levado a Lisboa polos portugueses e, sobre todo, os metais preciosos americanos importados polos españois contribuíron de forma moi importante á transformación económica de Europa e ao proceso de desenvolvemento do capitalismo inicial. A razón desta realidade foi a dilatación do stock metálico do Continente e a intensificación dos circuítos de circulación monetaria.
O efecto máis evidente desta nova situación no plano da conxuntura foi un incremento xeneralizado do nivel dos prezos, o suficientemente importante como para ser nítidamente percibido polos observadores coetáneos, que se manifestaron con preocupación achega do fenómeno.
Durante o século XVI a poboación española aumentou considerablemente; ao mesmo tempo, aínda que a economía creceu, a produción non resultaba suficiente para dar resposta á demanda crecente. Por iso, os prezos aumentaron. Para comprender este proceso debes ter presente a relación que existe entre oferta e demanda, é dicir, como funciona un mercado calquera. Pero produciuse algo máis. As remesas de ouro e prata americanas fixeron que a moeda circulante aumentase considerablemente, polo que os prezos, xa sometidos ao desequilibrio demanda-oferta mencionado, sufriron unha subida aínda maior. Este é o proceso coñecido como REVOLUCIÓN DOS PREZOS.