Como realizar unha captura de pantalla?
Requisitos do completado
En windows captúrase a pantalla premendo ao mesmo tempo a tecla Fn e a tecla PrtScn (pode aparecer como ImprPant).

Parece que non ocorre nada, pero isto fai que se copie a pantalla no portapapeles. Agora tes que abrir o Paint e pegar a imaxe. Basta con pulsar ao mesmo tempo Ctrl e V. Así cópiase a imaxe no Paint. Dálle a gardar como jpg ou png e xa tes o arquivo coa captura de pantalla.
Última modificación: xoves, 24 de setembro de 2020, 9:22 PM