Metodoloxía
Este curso caracterízase por impartirse na modalidade en rede cunha duración de 10 horas.
A metodoloxía deste curso baséase en estratexias propias dun ensino activo e autónomo, centrado na figura do alumno/a como elemento clave do sistema de formación e cunha participación do titor como dinamizador e facilitador do proceso de aprendizaxe e que estará dispoñible para a resolución de calquera dúbida ou problema.
Desde o comezo do curso, o alumnado debe ter presente que vai ter que desenvolver nesta parte virtual as distintas actividades obrigarias propostas. Para desenvolver estas actividades, disporedes dun espazo de probas na plataforma Moodle co rol de profesores/as.
Aínda que ides dispor de flexibilidade ao longo destas semanas para realizar o curso, lembrade que, na medida que levedes un ritmo similar ao do resto de compañeiros/as, estaremos fomentando unha aprendizaxe cooperativa e, polo tanto, moito máis produtiva.
Lembrade que non debedes confundir a flexibilidade no estudo coa ausencia de temporalización no curso. Tan inadecuado é deixar todas as actividades para o final como facer todo o traballo nunha semana e non volver a entrar na plataforma.
O curso está planificado de modo que se atopan os contidos e os videotitoriais de forma completa antes das tarefas. Non é necesario ler todos os contidos antes de realizalas. Nas tarefas xa se indica o contido que hai que ler ou o vídeo que hai que visualizar para poder completalas.