Ola, o curso continua coa tarefa sobre tarefas.
Tedes que facer o seguinte:
- ver o videotitorial de tarefas que acabo de subir (se o precisades, claro)
- subir un ficheiro PDF de proba na tarefa que xa vos pusera
- crear unha tarefa de proba no voso curso e agardar a que vos suba un ficheiro de proba
- poñer unha nota a ese ficheiro de proba, e un comentario
Máis adiante veremos como correxir ficheiros PDF e deixar comentarios dentro do ficheiro ao noso alumnado.
Traballar así con tarefas é algo que xustifica por si mesmo o uso habitual da aula virtual aínda que non estivesemos coa corentena, e é infinitamente mellor que traballar vía mail se pretendemos avaliar o traballo do alumnado.