Foro de novas: aquí so escribe o profesor

Tarefa sobre tarefas

Tarefa sobre tarefas

de Usuario eliminado -
Número de respuestas: 0

Ola, o curso continua coa tarefa sobre tarefas.

Tedes que facer o seguinte:

  • ver o videotitorial de tarefas que acabo de subir (se o precisades, claro)
  • subir un ficheiro PDF de proba na tarefa que xa vos pusera
  • crear unha tarefa de proba no voso curso e agardar a que vos suba un ficheiro de proba
  • poñer unha nota a ese ficheiro de proba, e un comentario

Máis adiante veremos como correxir ficheiros PDF e deixar comentarios dentro do ficheiro ao noso alumnado.

Traballar así con tarefas é algo que xustifica por si mesmo o uso habitual da aula virtual aínda que non estivesemos coa corentena, e é infinitamente mellor que traballar vía mail se pretendemos avaliar o traballo do alumnado.