Estimada/o compañeira/o:
Benvido o curso “Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes” no que estás matriculado. En primeiro lugar é de xustiza recoñecer a vosa implicación e compromiso non só coa profesión, senón sobre todo co alumnado. Estades en situacións moi complicadas no voso traballo cotiá, e facer o sobreesforzo de iniciar unha formación nestes momentos hónravos.
Respecto ao curso é importante que teñas en conta:
-
A duración será de 10 horas
-
Data prevista de finalización: 26 DE MAIO
-
O voso relator é Dani Pizarro, quen aclarará asuntos como metodoloxía de traballo, desenvolvemento da formación, etc.
-
Empregarase como plataforma a Aula Virtual do teu centro, á que se accede á través da web do centro ou directamente a través deste enlace.
-
ACCESO:
- Se xa tiñas usuario na aula virtual do teu centro, co usuario habitual
- Se non tiñas, para acceder á aula virtual do teu centro foiche creada unha conta. O nome de usuario é o mesmo que o do teu correo corporativo, é dicir a dirección de correo sen “@edu.xunta.gal”. E o contrasinal é o teu DNI coa letra en maiúscula (se esta contrasinal non vai, proba con changeme o con abc123..
- Se non lembras o usuario ou contrasinal recupera a mesma segundo as instrucións deste VÍDEO.
-
Contidos: 1) uso básico de Aula Virtual e 2) utilización de Webex Cisco.
-
Para calquera aspecto que non teña que ver directamente con estes contidos, podedes contactar co equipo de asesoramento do CFR a través do seguinte formulario.
Sen máis, despídome quedando á vosa disposición e desexándovos un óptimo aproveitamento da formación. Un saúdo.
Asinado: Eduardo Rodríguez Saiz, asesor do CFR-Vigo.