Foro de novas: aquí so escribe o profesor

Presentación do curso

Presentación do curso

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Ola, meu nome é Daniel R. Pizarro, son profesor de Tecnoloxía no IES Alexandre Bóveda (Coia 2) e vou ser o profesor deste curso de aula virtual chamado de Actualización de ferramentas tecnolóxicas.

O curso comenza o Luns 11 e son 10 horas aproximadas, incluíndo as prácticas de aula virtual e videoconferencia.

Xa estades matriculados no curso. Para entrar necesitades saber o voso usuario e contrasinal, áinda que está activa a opción de entrar coma convidado. Este usuario e contrasinal volo da o administrador da aula virtual é NON é o mesmo da conta da Xunta. Se non o sabedes podedes preguntar aos compañeiros. É probable que sexa o usuario a conta de correo da xunta e o contrasinal o voso DNI (esto varía en cada centro).

Unha vez dentro do curso, tedes postas unhas tarefas e uns videotitoriais iniciais.

A idea é que practiquedes e se necesitades axuda no inicio do curso está o meu mail (dani@edu.xunta.gal)  e o meu tf.

É moi importante ao principio a configuración do curso e do perfil. Por exemplo, para decidir cando e como queremos recibir notificacións coma esta do foro via mail. Podedes moficala libremente na vosa configuración.

Tamén está prevista a posibilidade de falar por videoconferencia, aínda que non será obrigatorio, obviamente.

Calquera dúbida ou consulta podedes mandar un mail, ou chamar por tf, Whatsapp ou Telegram no horario indicado na aula virtual.

Unha aperta e a agardo as vosa suxerencias e comentarios.