FORO XERAL DE DÚBIDAS

Propiedade do curso creado

Propiedade do curso creado

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 1

Ola,

Félix pregúntome que pasa co curso creado na Aula Virtual, que pasa cos contidos? quén ten acceso a eles, pode calquera aproveitarse dos recursos que tanto traballo deu crear?

O autor dun curso, polo que acabo de comprobar na tarefa final, pode levarse consigo para cada centro de ensino no que teña que realizar o seu traballo docente. Pero...Pode o centro distribuir, duplicar e aproveitar o traballo feito por un interino (por exemplo) que non repita curso?


Grazas polo teu tempo e axuda.

Apertas mil.


En resposta a Usuario eliminado

Re: Propiedade do curso creado

por Usuario eliminado -

Ola Marcos. 

Esta pregunta depende do administrador que haxa en cada centro. Eu podo contarche a miña experiencia porque eu fun creando aulas virtuais nos centros nos que impartín clase.

No Politécnico, por exemplo. Sigo tendo as miñas aulas virtuais, e conservo o meu usuario, de tal maneira que se preciso coller algo, sempre podo acceder á aula virtual. 

Noutro centro, o que fixeron foi ocultar os cursos, pero eu sigo tendo acceso a eles. 

Sen embargo, os administradores poden darlle a túa aula virtual a outras persoas. Isto pasoume, pero pedíronme permiso, tanto o interino que ía dar os módulos dos que eu creara as aulas virtuais, como o administrador da propia aula. A min deume tempo a facer unha copia de seguranza e dinlle permiso para que usara o que eu fixera (é algo que sempre fago cos interinos que van impartir algo que eu xa impartira antes). E tamén hai o caso de que a aula virtual desaparece ou que o meu usuario desaparece, quedando sen acceso. Xa digo, depende de como leve cada administrador a aula virtual de cada centro. 

Nalgúns lugares fan limpeza de usuarios, borrando todos aqueles que leven un tempo determinado sen entrar. E pode ser un proceso automático, de forma que non sempre o administrador ten un papel "activo". 

Eu teño o costume de facer cursos nas aulas virtuais ás que vou, pero replico os temas en carpetas no meu disco duro. Pero igual eu teño algo de síndrome de Dióxenes. 

Saúdos, 

Félix Rodríguez.