FORO XERAL DE DÚBIDAS

Tamaño da copia de seguranza.

Tamaño da copia de seguranza.

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 2

Ola a tod@s.

Algúns de vós estades indicando que non podedes subir a copia de seguranza á tarefa do curso porque excede o tamaño máximo de 10Mb. 

As aulas virtuais poden configurarse para que o tamaño dos ficheiros que se suban non excedan dun determinado valor. De forma estándar o tamaño máximo é de 800 Mb. Pero nesta aula virtual, ou polo menos na categoría na que está este curso, o administrador da aula virtual limitou o tamaño máximo a 10 Mb, que é claramente insuficiente para subir os arquivos de copias de seguranza. 

Para solventar isto, neste caso, no momento de realizar a copia de seguranza podedes seleccionar cousas para que non se inclúan, por exemplo os ficheiros pdf, ou os vídeos (que ocupan bastante), para que o ficheiro da copia ocupe menos de 10 Mb para poder subilo á tarefa.

Se o que queredes é restaurar un curso na categoría vosa para usar cos alumnos, teriades que falar co administrador da aula virtual do Politécnico para que permita ficheiros de maior valor.

Saúdos, 

Félix Rodríguez.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Tamaño da copia de seguranza.

por Rocío Besada -

Félix,  mi curso es de 330 Mb aprox. Estoy intentando hacer lo que nos aconsejas, quitar pdf, vídeos... Apenas baja el número de Mb. 

Me temo que tendré que enviarte una copia de seguridad donde solo aparezcan etiquetas y poco más. ¿Te valdría?

Un saludo.

Rocío









En resposta a Rocío Besada

Re: Tamaño da copia de seguranza.

por Usuario eliminado -

Ola Rocío.

Váleme, si, porque o que pretendo é que saibades que se poden facer as copias de seguranza e que se poden importar noutra aula virtual para que poidades levar o voso curso a outro lado (se cambiades de instituto, por exemplo). Se chegades ata o ficheiro con extensión .mbz, aínda que non inclúa todo o do voso curso, chégame como entrega da tarefa 9.

Saúdos,

Félix.