Foro de novas

ÚLTIMA SEMANA. VIDEOCONFERENCIA

ÚLTIMA SEMANA. VIDEOCONFERENCIA

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 0

Entramos na última semana do curso. 

En breve activarase a última das tarefas (a 9) que consiste na realización dunha copia de seguranza do curso para poder exportalo a outra aula virtual.

Despois teremos unha tarefa de videoconferencia, que ben pode ser a través de Webex ou de Falemos. Non sei se queredes ver algún en concreto. Tal vez webex xa o coñezades e queirades ver Falemos. Dicídeme vós que máis vos interesa.

A miña idea é realizar unha videoconferencia con tod@s vós o mércores 14 de outubro. Como non sei a que hora podedes indicádeme a mellor hora para vós, ou ás 11:30ou ás 16:30. Respondédeme a esta mensaxe para organizar a videoconferencia.

Aproveitaremos a ocasión para que me digades todas as dúbidas sobre a aula virtual que vos quedaran pendientes. Con todas as dúbidas realizarei un vídeo explicándoas.

É importante que me respondades tod@s a esta mensaxe. 

Moitas grazas, 

Félix.