Boa tarde a todos e todas...
Hoxe día 26 de maio remata este curso de Actualización de Ferramentas Tecnolóxicas para docentes, esperamos que lle sacarades todo o proveito posible.
Gustaríanos agradecervos o sobreesforzo neste momento, sabemos que é difícil para todos. Para aqueles e aquelas que finalmente non fuchedes quen de rematalo, teredes oportunidade de realizar actividades similares o próximo curso.
Agradecerlle tamén a Dani o seu esforzo e ben facer.
A documentación do curso seguirá estando aí para consultala os que desexedes, pero xa non vai a ter titorización, nin se poderán entregar xa tarefas nin haberá foro de dúbidas e consultas.
Tamén tederes en aberto o curso cos contidos aquí realizados na aula do CFR de Vigo: Actualización de Ferramentas Tecnolóxicas.
A partir de agora, podedes facernos chegar todas as dúbidas que teñades:
-
Enviando un correo a cfrvigonarede@gmail.com
-
Contactando co asesor ou asesora do voso centro.
-
Por teléfono no CFR de Vigo (986 20 2370) en horario de 9 a 14
Lembrade que para certificar tedes que ter realizado un seguimento regular do curso e ter realizado a maior parte das tarefas propostas.
Un cordial saúdo