Foro de novas: aquí so escribe o profesor

Despedida do curso e agradecemento ao relator e alumnado

Despedida do curso e agradecemento ao relator e alumnado

by Deleted user -
Number of replies: 0

Boa tarde a todos e todas...

Hoxe día 26 de maio remata este curso de Actualización de Ferramentas Tecnolóxicas para docentes, esperamos que lle sacarades todo o proveito posible.

Gustaríanos agradecervos o sobreesforzo neste momento, sabemos que é difícil para todos. Para aqueles e aquelas que finalmente non fuchedes quen de rematalo, teredes oportunidade de realizar actividades similares o próximo curso.

Agradecerlle tamén a Dani o seu esforzo e ben facer.

A documentación do curso seguirá estando aí para consultala os que desexedes, pero xa non vai a ter titorización, nin se poderán entregar xa tarefas nin haberá foro de dúbidas e consultas.

Tamén tederes en aberto o curso cos contidos aquí realizados na aula do CFR de Vigo: Actualización de Ferramentas Tecnolóxicas.

A partir de agora, podedes facernos chegar todas as dúbidas que teñades:

  1. Enviando un correo a cfrvigonarede@gmail.com

  2. Contactando co asesor ou asesora do voso centro.

  3. Por teléfono no CFR de Vigo (986 20 2370) en horario de 9 a 14

Lembrade que para certificar tedes que ter realizado un seguimento regular do curso e ter realizado a maior parte das tarefas propostas.

Un cordial saúdo