Práctica 1. Caracterización Transformador Monofásico
Nesta práctica, procedemos, a analizar en base ao visto na clase o TRANSFORMADOR MONOFÁSICO que temos asignado.
- Sección xeométrica; [0.5 puntos]
- Sección neta; [0.5 puntos]
- Potencia Aparente; [1 punto]
- Tensións así como número de espiras por bobinado, alta e baixa tensión; [2 puntos]
- Intensidades nominais en ambos bobinados; [2 puntos]
- Diámetros dos conductores de bobinado primario e secundario; [1 punto]
- Ensaios en Valeiro e Curtocircuíto, valores característicos e detalles da súa realización.
[2 puntos]
- Xustificación do traballo feito. [1 punto].
Presentando-o nun informe, en acordo ao modelo proposto na aula virtual de forma xeral para prácticas.
Lembro-vos, que se entrega en formato pdf, a parte do orixinal que decidísedes empregar.
Os arquivos entregados estarán nomeados coas iniciais do nome da practica separadas por guión baixo e a continuación o voso nome e iniciais do apelido, da cordo ao exemplo:
Miguel C. Garcia Allegue faría-o do seguinte xeito --> "c_t_m-miguel_ga.pdf"
Non face-lo conleva unha penalización de 0.5 puntos sobre 10.
Tamén terá unha penalización de 0.5 sobre 10, aquel que se confunda máis de 5 ou máis veces nas unidades.
Non presenta-lo dacordo a formato, equivale a non ter dereito á corrección do traballo, é decir un 0 na mesma, ata que se presente de xeito adecuado.
Cada día de retraso na entrega da mesma desconta 0.25 puntos sobre 10, ata un máximo de 5 puntos a descontar.
Non se terá en conta para a avaliación dende tres días antes á xuntanza dos profesores para avaliar.
Práctica iniciada o 06/11/20
Si tedes algún problema coa entrega poñede-vos en contacto conmigo pola aula virtual, ou por correo electrónico.