Tarefa 3. Creación de recursos básicos (arquivo, cartafol, etiqueta, URL)
Nesta actividade e nas seguintes vas ter que construír unha unidade didáctica ou tema para a túa aula virtual en moodle, con recursos e actividades. Pensa nunha unidade ou tema da túa materia.
- Ao acceder ao teu curso, dálle a "Activar edición" e ponlle un título ao Tema 1.
- Para darlle certa coherencia ao tema imos empregar algunha etiqueta para separar os contidos, as actividades e os materiais de apoio.
- No apartado de contidos engade un recurso de tipo páxina. Elabora a túa páxina co editor HTML e inclúe nela polo menos unha imaxe, un vídeo tomado de Youtube (que debe verse incrustado e non só a ligazón) e unha ligazón a un sitio web externo.
- Engade un recurso de tipo ficheiro.
- Engade un recurso tipo cartafol. Inclúe no cartafol, cando menos, un ficheiro empregando "Enviar un ficheiro".
- Engade unha recurso de tipo ligazón (URL) a unha web.
Nota: tenta evitar enfocar esta actividade e as seguintes como una mera práctica. Cando elabores calquera elemento do curso, procura que teña algún contido con sentido e sexa útil para o teu alumando. Así, cando remates este curso poderás poñelo en real. Deste xeito estarás aprendendo e, ao mesmo tempo, facendo que o teu traballo teña repercusión na túa práctica docente.
Ao rematar o tema realiza unha captura de pantalla da unidade didáctica e sube o arquivo da imaxe á tarefa (Nesta mesma páxina en "Entregar tarefa").
(Se tes dúbidas, deixa un comentario no foro xeral de dúbidas).
_____________________________________________________________________
* Pequeno resumo gráfico:
Modificar o título do tema (botón lapis ao lado do título ou botón Editar á dereita de calquera elemento):
Activar Edición (no curso, enriba á dereita):
Engadir un recurso ou unha actividade (en cada tema, abaixo á dereita):
E sae un desplegable como este:
Aí seleccionase a actividade ou o recurso que se quere engadir. É neste apartado onde se escollerán todos os recursos que se van engadir no voso curso nesta tarefa.