Os Fillos da Terra
Os fillos da terra (na versión orixinal Earth's Children) é o nome dunha hexaloxía, escrita pola escritora estadounidense Jean M. Auel e cuxo primeiro libro foi traducido ao galego por Xurxo Bértola. Os feitos da historia acontecen en Europa, no Paleolítico, a mediados da Glaciación de Würm. A protagonista da serie é unha muller de Cromañon chamada Ayla. A serie vendeu máis de 45 millóns de exemplares en todo o mundo.
Segundo declara Auel, ela estaba interesada en escribir un libro narrativo ambientado na Prehistoria. Estaba interesada especialmente nunha época do Pleistoceno na que conviviron dúas especies humanas: os Homo sapiens e os Homo neanderthalensis. Aínda que ambos grupos habitaban ao longo todo o continente, durante a narración déixase entrever en varias ocasións que os Cromañon estaban a desprazar pouco a pouco aos Neanderthal, que se dirixen lentamente cara a extinción.
Títulos
- O clan do oso das cavernas, 1980
- O val dos cabalos, 1982
- Os cazadores de mamuts, 1985
- As chairas do tránsito, 1990
- Abeiros de pedra, 2002
- A terra das covas pintadas, 2011
A autora afirmou que a saga remata con este sexto exemplar, aínda que non descarta seguir escribindo outras novelas ambientadas na mesma época, á marxe da serie.